Saltar ao contido

calco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Galego

  • Pronuncia: /ˈkal.ko/ (AFI)

Substantivo masculino

calco (sg: calco; pl: calcos)

  1. Acción ou efecto de calcar.
    • Exemplo: Antes da era da informática, para facer calcos de documentos usábanse papeis de calco.

  2. Copia que se fai calcando algo escrito ou debuxado nun papel para outro que está en contacto, utilizando un papel de calco ou calquera outro procedemento.
    • Exemplo: Hoxe en día, coas impresoras, é moi doado facer calcos de papeis.

  3. Cousa que reproduce, con máis ou menos exactitude, outra con intención de fraude.
    • {{exemplo|A súa novela era un mero calco doutra.
  4. (Lingüística) Adaptación que se fai dun préstamo doutra lingua.
    • Exemplo: A expresión 'botar de menos' é un calco do castelán que, á súa vez, é calco da expresión portuguesa 'achar de menos'. A voz 'tenis' é un calco do ingles 'tennis.

Observacións

Termos relacionados

calco semántico, papel de calco.