Saltar ao contido

autor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «autor».
Mark Twain foi un destacado autor do século XIX.
  • Pronuncia: /aw.'tor/ (AFI)

Substantivo

autor (ms: autor; mpl: autores; fs: autora; fpl: autoras)

  1. Persoa que realizou un determinado acto.
    • Exemplo: O autor da desfeita xa está identificado

      .
  2. Persoa que realizou unha obra científica, literaria ou artística.
    • Exemplo: O autor deste libro recibiu varios premios

      .
  3. (Dereito) No dereito penal, persoa que comete un delito, ou forza ou induce directamente a outros a executalo, ou coopera á súa execución por un acto sen o cal non se podería executar.
    • Exemplo: O autor do crime xa está no cárcere

      .

Termos relacionados