abertura
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín apertūra, -ae.
- Pronuncia: [a.βɛɾˈtu.ɾɐ] (AFI)
abertura (sg: abertura; pl: aberturas)
- Acción e efecto de abrir ou abrirse.
- Fenda, buraco, greta ou boqueiro nunha parede ou nun valado.
- Greta formada na terra pola sequidade, secura ou por unha seca.
- Diámetro útil duns anteollos, telescopio ou obxectivo.
- (Anatomía) Calquera orificio que dá paso a un órgano tubular.
- Exemplo: Abertura vaxinal.
- Exemplo: Abertura vaxinal.
- (Fonética) Amplitude con que os órganos de fonación facilitan o paso do aire.
- (Mariña) Separación entre os castelos dun barco.
- Separación entre as liñas dun ángulo.
- (Figurado) Sinceridade no trato e na conversa.
Sinónimos
Termos relacionados
- Abertura abdominal da trompa uterina, abertura cérvico-ítsmica, abertura cloacal, abertura coronaria, abertura dos sacos polínicos, abertura interna da trompa uterina, abertura piriforme, abertura uterina, abertura vaxinal, abertura xerminal.