cherna de altura
Aparencia
Galego
cherna de altura (sg: cherna de altura; pl: chernas de altura)
- (Alimentación) (Ictioloxía) Peixe da familia dos serránidos (Serranidae), subfamilia dos epinefelinos (Epinephelinae), de corpo longo e achatado lateralmente, coa aleta caudal redondeada, cos lados e o dorso de cor acastañada con manchas marelas, ten unha grande boca de grosos beizos coa mandíbula inferior máis prominente. É un peixe branco.
- Nome científico: Epinephelus marginatus.