erro
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín error, -ōris.
- Pronuncia: /'ɛ.ro̯/ (AFI)
erro
- Concepto equivocado ou xuízo falso.
- Cousa mal feita ou falta de acerto.
- Dito ou feito con consecuencias que poden ser prexudiciais.
- Diferenza entre o valor observado e o valor real.
- Estado da persoa que ten unha crenza que se aparta do verdadeiro.
Termos relacionados
erro absoluto, erro accidental, erro aleatorio, erro de feito, erro do software, erro dos sentidos, erro gráfico, erro relativo, erro sistemático, erro vencíbel, erro xudicial, salvo erro ou omisión