Saltar ao contido

frecuencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «frecuencia».
  • Pronuncia: /fɾeˈkwɛnθja̝/ (AFI)

Substantivo feminino

frecuencia (sg: frecuencia; pl: frecuencias)

  1. Calidade de frecuente.
  2. (Astronomía) (Matemáticas) Medida que indica o número de repeticións de calquera fenómeno ou suceso periódico nunha unidade de tempo. O tempo que se tarda en realizar cada repetición recibe o nome de período (T). É, pois, o inverso do período ().
  3. (Física) Número de oscilacións ou vibracións que se producen nunha unidade de tempo. A súa unidade de medida é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que sucede unha vez por segundo. Esta unidade era orixinariamente «ciclo por segundo» (cps). Hai campos nos que se empregan as revolucións por minuto (rpm), ou para indicar as pulsacións do corazón ou o tempo musical, os pulsos por minuto (bpm, do inglés beats per minute). Para ondas periódicas, é inversamente proporcional á lonxitude de onda, sendo igual á velocidade de fase da onda dividido pola súa respectiva lonxitude de onda.
  4. (Matemáticas) Na estatística, número de veces que se repite un evento durante un experimento ou mostra estatística. Adoita representarse graficamente cun histograma.
  5. (Música) Altura dun son musical que nos permite definir este como grave ou agudo, que corresponde coa súa chamada frecuencia fundamental, que vai acompañada dos seus correspondentes harmónicos, que en conxunto van definir o timbre dun son musical.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén

Referencias