golpe
Aparencia
Galego
golpe1
- Pronuncia: /ˈɡɔlpe̝/ (AFI)
singular | plural |
golpe | golpes |
- Efecto que resulta do choque violento entre dúas cousas, estando as dúas en movemento ou só unha delas.
- Exemplo: Tirou con el dun golpe. Levou un golpe na cabeza.
- Exemplo: Tirou con el dun golpe. Levou un golpe na cabeza.
- Efecto de golpear coa man ou algún obxecto.
- Exemplo: Levantou a machada e deulle un golpe que o deixou no sitio.
- Sinónimos: pancada.
- Exemplo: Levantou a machada e deulle un golpe que o deixou no sitio.
- (Medicina) Marca que se forma na pel tras sufrir un choque ou unha agresión.
- (Figurado) Desgracia, suceso adverso.
- Exemplo: A súa morte foi un duro golpe para a familia.
- Sinónimos: sacudida.
- Exemplo: A súa morte foi un duro golpe para a familia.
- (Figurado) Acción, normalmente violenta, preparada ás agachadas e realizada inesperadamente.
- Exemplo: O 23 de febreiro pasou á historia polo intento de golpe protagonizado por Tejero.
- Termos relacionados: golpismo.
- Exemplo: O 23 de febreiro pasou á historia polo intento de golpe protagonizado por Tejero.
- (Figurado) Acontecemento ou acción súbita e inesperada.
- Exemplo: Non foi o resultado dun golpe de sorte senón que o tiña moi estudado.
- Exemplo: Non foi o resultado dun golpe de sorte senón que o tiña moi estudado.
- (Figurado) delito cometido contra a propiedade allea.
- Exemplo: A película describe o golpe a un banco.
- Exemplo: A película describe o golpe a un banco.
- Abundancia dunha cousa de forma súbita.
- Exemplo: Un golpe de auga barreu a cuberta e lanzouno ó mar.
- Observacións: os mariñeiros de Pontevedra chamaban golpe de Santos ou golpe de Nadal ós grandes bancos de sardiña que entraban na ría nesas datas.
- Exemplo: Un golpe de auga barreu a cuberta e lanzouno ó mar.
- (Medicina) Acceso violento de tose.
Termos relacionados
- de golpe
- dun golpe
- golpear
- golpe de estado
- golpe de graza
- golpe de mar
- golpe de peito
- golpe de vista
- golpe de xenio
- non dar golpe
Traducións
golpe2
- Pronuncia: /ˈɡɔlpe̝/ (AFI)
- (Zooloxía) Raposo.
- Exemplo: O golpe matounos dúas galiñas.
- Observacións: é palabra propia da zona norte de Galicia, e ademais dálle o seu nome científico: Vulpes vulpes.
- Termos relacionados: golpilleira, rabo de golpe ou de raposo: planta herbácea (Agrostis durieui).
- Exemplo: O golpe matounos dúas galiñas.
- (Ictioloxía) Raposo de mar.
- Sinónimos: camarín, peixe raposo, raposo do mar, raposo, tiburón raposo.
Traducións
- Ver raposo.