pata
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do fráncico patta, e esta do latín vulgar patta.
- Pronuncia: /ˈpa.ta/ (AFI)
pata (sg: pata; pl: patas)
- (Zooloxía) Cada unha das extremidades sobre as que un animal se sostén e camiña (ou nada, no caso dos de hábitos acuáticos, como os parrulos ou os cisnes) .
- Exemplo: O can ten catro patas, a galiña dúas
.
- Exemplo: O can ten catro patas, a galiña dúas
- Cada un dos elementos que constitúen a parte inferior dun moble e que lle serven de apoio.
- Exemplo: As patas da mesa. As patas dunha cama
.
- Exemplo: As patas da mesa. As patas dunha cama
- (Coloquial) Perna dunha persoa.
- Exemplo: Coas patas longas que tes chégaslle ao andel de arriba do alzadeiro
.
- Exemplo: Coas patas longas que tes chégaslle ao andel de arriba do alzadeiro
Observacións
Na 2ª acepción seu sinónimo é pé.