Manuel Calvelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Santiago de Compostela, España |
Morte | 31 de decembro de 1936 (32 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, profesor universitario |
Manuel Calvelo López, nado en Santiago de Compostela en 1904 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1936[1], foi un médico e profesor universitario galego afiliado ao PCE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1927, casou o 7 de xullo de 1929 coa sindicalista e guerrilleira galega Isabel Ríos, marchando con ela a Los Llanos de Aridane, na illa de La Palma, onde traballou como médico. En 1932 o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o seu primeiro fillo, mudáronse ese mesmo ano a Madrid, onde Manuel foi profesor axudante de Xenética na cátedra de Patoloxía Xeral do profesor Roberto Nóvoa Santos[2]. Afiliouse ao Partido Comunista de España en 1936. Tralo alzamento nacional foi detido e trasladado a Curtis o 5 de agosto, xunto con Isabel, ambos foron condenados a morte, Manuel foi fusilado o 31 de decembro[3], mentres que á súa muller lle conmutaron a pena pola cadea perpetua.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez Peña, Fernando. "Exilio y depuración en la Facultad de medicina de San Carlos". Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 22/1/2013.
- ↑ Otero Carvajal, Luis Enrique; Mirta Núñez Díaz-Balart, Gutmaro Gómez Bravo, José María López Sánchez, Rafael Simón Arce (2006). La Destrucción de la ciencia en España. Depuración universitaria en el franquismo. Madrid: Editorial Complutense. p. 83. Consultado o 22/1/2013.
- ↑ Lamela García, Luís (2005). 1936, la 'cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Ediciós do Castro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 84–90. Consultado o 22/1/2013.