Saltar ao contido

Enema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de marzo de 2018 ás 00:48 por Xoio (conversa | contribucións) (arranxiño)
"Enema". Século XVIII. Museu Nacional do Azulejo, Lisboa.

Denomínase enema,[1], lavativa,[2] ou clister,[2] ao procedemiento terapéutico de introducir líquidos no recto ou no colon a través do ano, así como ao instrumento co que se realiza esta operación.[2]

Os enemas poden llevarse a cabo por razóns médicas ou de hixiene, con fins diagnósticos, ou como parte de terapias alternativas ou tradicionais, e mesmo para obter excitación sexual.

Tipos de enemas

Cubo e bolsa de enema (de 4 litros) para enemas evacuantes.
Enema opaco en bolsa.

Os enemas médicos ou por hixiene úsanse desde hai séculos e son basicamente de dous tipos:[3]

Enema evacuante

Os enemas evacuantes, que xeralmente actúan de inmediato (de 15 a 20 minutos como máximo), úsanse para tratar a retención fecal, a eliminación de fecalomas, ou o estrinximento, como, por exemplo, nas mulleres embarazadas úsanse para aliviar a molestia causada por este, que a algunhas lles produce a inxesta de suplementos nutricionais.

Enema opaco ou de retención

Os enemas opacos (ou de retención), que requiren a retención da substancia introducida durante de un mínimo de trinta minutos até varias horas, úsanse para introducir medicamentos ou substancias radiopacas, como o sulfato de bario, e así visualizar mediante exploracións radioscópicas ou radiográficas imaxes do tracto intestinal inferior con fins diagnósticos.[4]

Outros tipos

Enema para alimentación

Tamén existían enemas para a alimentación por vía rectal, pero actualmente están en desuso.

Enema clismafílico

Os enemas clismafílicos son enemas que se realizan como vehículo para obter excitación sexual, é dicir, que forman parte de prácticas sexuais, como expresión ou variación de parafilias, sobre todo sadomasoquistas.[5]

Substancias para enemas

Os enemas evacuantes realízanse con augua, solucións salinas, solucións xabonosas, emulsións con aceite o con glicerina e solucións hipertónicas; existen tamén preparados comerciais. Xeralmente todas estas substancias aplícanse á temperatura corporal (37 °C).

Os enemas opacos ou de retención (ás veces precedidos por enemas de evacuación ou limpeza) fanse con aceite de oliva (enema oleoso ou emoliente), medicamentos diversos como antihelmínticos ou laxantes e antisépticos, sulfato de bario e líquidos con nutrientes en caso do enema alimenticio, así como líquidos para a hidratación (proctólise).

En medicina alternativa úsanse enemas de café para afeccións hepáticas polo seu efecto colerético (é dicir, activador da produción da bile).[6]

Contraindicacións

Xeralmente non se deben practicar enemas nos seguintes casos:[7]

  • Inflamación intestinal
  • Apendicite
  • Peritonite
  • Traumatismo abdominal
  • Posoperatorio de cirurxías abdominais
  • Sangrado de tubo dixestivo
  • Sensibilidade aos compoñentes da fórmula
  • Deshidratación
  • Hemorroide

Galería de imaxes


Notas

  1. enema no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
  2. 2,0 2,1 2,2 lavativa no Dicionarios da RAG.
  3. Ania Palacio, José Manuel (1995): Manual práctico de Auxiliar de Enfermería. Sevilla: Editorial MAD. ISBN 978-84-8883-456-0.
  4. Enema opaco no Dicionario galego de termos médicos.
  5. Brater, Jürgen (2006): Sexualidad sin tabúes. Barcelona: Editorial Robinbook. ISBN 978-84-7927-856-4.
  6. Palmetti, Néstor (2007): Intestinos: técnicas caseras para una vida saludable. Buenos Aires: Editorial Kier. ISBN 978-95-0175-352-3.
  7. Osenat, Pierre (1995): Manual de la auxiliar sanitaria. Barcelona / Madrid: Elsevier España. ISBN 978-84-4580-285-4.

Véxase tamén

Ligazóns externas