Enema
Denomínase enema,[1], lavativa,[2] ou clister,[2] ao procedemiento terapéutico de introducir líquidos no recto ou no colon a través do ano, así como ao instrumento co que se realiza esta operación.[2]
Os enemas poden llevarse a cabo por razóns médicas ou de hixiene, con fins diagnósticos, ou como parte de terapias alternativas ou tradicionais, e mesmo para obter excitación sexual.
Tipos de enemas
Os enemas médicos ou por hixiene úsanse desde hai séculos e son basicamente de dous tipos:[3]
Enema evacuante
Os enemas evacuantes, que xeralmente actúan de inmediato (de 15 a 20 minutos como máximo), úsanse para tratar a retención fecal, a eliminación de fecalomas, ou o estrinximento, como, por exemplo, nas mulleres embarazadas úsanse para aliviar a molestia causada por este, que a algunhas lles produce a inxesta de suplementos nutricionais.
Enema opaco ou de retención
Os enemas opacos (ou de retención), que requiren a retención da substancia introducida durante dun mínimo de trinta minutos até varias horas, úsanse para introducir medicamentos ou substancias radiopacas, como o sulfato de bario, e así visualizar mediante exploracións radioscópicas ou radiográficas imaxes do tracto intestinal inferior con fins diagnósticos.[4]
Outros tipos
Enema para alimentación
Tamén existían enemas para a alimentación por vía rectal, pero actualmente están en desuso.
Enema clismafílico
Os enemas clismafílicos son enemas que se realizan como vehículo para obter excitación sexual, é dicir, que forman parte de prácticas sexuais, como expresión ou variación de parafilias, sobre todo sadomasoquistas.[5]
Substancias para enemas
Os enemas evacuantes realízanse con auga, solucións salinas, solucións xabonosas, emulsións con aceite o con glicerina e solucións hipertónicas; existen tamén preparados comerciais. Xeralmente todas estas substancias aplícanse á temperatura corporal (37 °C).
Os enemas opacos ou de retención (ás veces precedidos por enemas de evacuación ou limpeza) fanse con aceite de oliva (enema oleoso ou emoliente), medicamentos diversos como antihelmínticos ou laxantes e antisépticos, sulfato de bario e líquidos con nutrientes en caso do enema alimenticio, así como líquidos para a hidratación (proctólise).
En medicina alternativa úsanse enemas de café para afeccións hepáticas polo seu efecto colerético (é dicir, activador da produción da bile).[6]
Contraindicacións
Xeralmente non se deben practicar enemas nos seguintes casos:[7]
- Inflamación intestinal
- Apendicite
- Peritonite
- Traumatismo abdominal
- Posoperatorio de cirurxías abdominais
- Sangrado de tubo dixestivo
- Sensibilidade aos compoñentes da fórmula
- Deshidratación
- Hemorroide
Galería de imaxes
-
Bulbo para un pequeno enema (750 ml)
-
Enema de uso único
-
Bomba de enema. Consiste nunha botella de plástico de 750 ml cunha válvula de ventilación, unha válvula de retención e unha sonda rectal
-
Bolsa de enema. Modelo corrente nos Estados Unidos
-
Enema no Congo Belga (Século XIX)
-
Administration dun enema en Costa de Marfil (Ano 1903)
Notas
- ↑ enema no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 lavativa no Dicionarios da RAG.
- ↑ Ania Palacio, José Manuel (1995): Manual práctico de Auxiliar de Enfermería. Sevilla: Editorial MAD. ISBN 978-84-8883-456-0.
- ↑ Enema opaco no Dicionario galego de termos médicos.
- ↑ Brater, Jürgen (2006): Sexualidad sin tabúes. Barcelona: Editorial Robinbook. ISBN 978-84-7927-856-4.
- ↑ Palmetti, Néstor (2007): Intestinos: técnicas caseras para una vida saludable. Buenos Aires: Editorial Kier. ISBN 978-95-0175-352-3.
- ↑ Osenat, Pierre (1995): Manual de la auxiliar sanitaria. Barcelona / Madrid: Elsevier España. ISBN 978-84-4580-285-4.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enema |
Ligazóns externas
- ¡Viva lo ‘kitsch'! Monumento ao enema en Zheleznovodsk, Krai de Stavropol, Rusia.