Saltar ao contido

Kaotiko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Kaotiko
OrixeSalvatierra, País Vasco País Vasco
Xénero(s)rock, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Universal
Oihuka
Baga-Biga
MembrosAguayo (guitarra)
Fonta (baixo e coros)
Jony (voces)
Aguayiko (guitarra e coros)
Xabi (batería e coros)
Na rede
www.kaotiko.com
Facebook: KAOTIKO Twitter: kaotikooficial Instagram: kaotikooficial Spotify: 1XwQSgy1ZYGHw8ZryGbT2S Last fm: Kaotiko Musicbrainz: 8d5cacaf-58f4-48f9-bafe-1c7855506340 Songkick: 146090 Discogs: 2657053 Allmusic: mn0002088387 Editar o valor en Wikidata

Kaotiko é un grupo de punk rock orixinario do País Vasco.

Historia

O grupo formouse a finais da década de 1990 en Agurain. Tres dos seus integrantes (Aguayo, Fonta e Aguayiko) procedían do grupo Kaos Etiliko. En setembro de 2001 sacan o seu primeiro disco, Mundo kaotiko. En abril de 2003 publican o seu segundo traballo Raska y pierde. Con estes dous discos de estudio, o 17 de abril de 2004 deciden gravar un DVD en directo na sala Azkena de Vitoria, publicado o 14 de marzo de 2005.

Cun novo selo discográfico, Universal, sae á luz Destino escrito. Neste disco colaboran "El Drogas" (Barricada) nas cancións "Abuso" e "Correré". La Miki, cantante da banda No Relax, segunda voz en "Recuerdo". O álbum grávase nos estudios Katarain, de Azkarate, entre decembro de 2005 e xaneiro de 2006.

O 21 de febreiro de 2008 Kaotiko edita o seu quinto traballo, Adrenalina, coa discográfica Oihuka. Este disco conta coa colaboración Evaristo (La Polla, Gatillazo) e de Banda Bassotti, coa que gravan o tema "Luna rossa".

No 2010 lanzan o disco Reacciona, coa discográfica Baga-Biga.

Discografía

Véxase tamén

Ligazóns externas