Saltar ao contido

Pediastrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pediastrum boryanum.

Pediastrum é un xénero de algas verdes da familia Hydrodictyaceae.[1] Son fototróficas, e forman cenobios non mótiles (con número fixo de células) que habitan en ambientes de auga doce desde climas árticos a tropicais de todo o mundo. A forma do cenobio é plano, circular ou oval e dunha célula de grosor e en total 4-64-128 células. As células internas son poliédricas e as externas teñen uns procesos con forma de corno. As células son multinucleadas cun cloroplasto e un ou máis pirenoides. Na parede celular teñen unha cantidade significativa de silicio. Ás veces as células externas teñen unhas sedas ou pelos que non se presentan nas internas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Pediastrum reprodúcese asexualmente producindo autocolonias. O protoplasto de cada célula parental dá lugar a unha zoóspora biflaxelada por cada célula da colonia parental. As zoósporas son liberadas das células parentais dentro dunha vesícula e despois colócanse elas mesmas na disposición propia da colonia de cada espeice. As células despois agrándanse ata que chegan ao seu tamaño definitivo. Cada célula pode xerar unha autocolonia filla con exactamente o mesmo número e disposición das células que tiña a colonia orixinal.

Pediastrum reprodúcese sexualmente por fusión de pequenos gametos biflaxelados que son liberados da célula parental. Os cigotos que se forman como resultado da fecundación xerminan dando zoósporas, as cales á súa vez forman células poliédricas de parede grosa, que xeran o novo cenobio. Estes poliedros poden tamén orixinarse por reprodución asexual.

  1. 1,0 1,1 Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2007). "Genus: Pediastrum taxonomy browser". AlgaeBase version 4.2 World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultado o 26-12-2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Referencias científicas
Bases de datos científicas