Saltar ao contido

Río Fulda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de setembro de 2023 ás 13:10 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Reformat 1 URL (Wayback Medic 2.5)) #IABot (v2.0.9.5) (GreenC bot)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Río Fulda
Localización administrativa
EstadoAlemaña Alemaña
DivisiónEstados de Hesse e Baixa Saxonia
Localización xeográfica
CuncaRío Weser
Características
Lonxitude máxima220,7 km
Mapa

O río Fulda tamén chamado en alemán Gersfelder Wasser,[1] é un río de Alemaña que discorre principalmente en dirección norte polo estado de Hesse, até confluír co río Werra xunto á cidade de Hann —preto das cidades de Kassel e Gotinga— pasando entre ambas o río Weser. Ten 220 km de lonxitude.

Curso e cunca do río Fulda

Os seus nacentes atópanse en Wasserkuppe, nas montañas do Rhön. Desde alí corre en dirección nordés flanqueado polas montañas Knüll, polo oeste, e as fragas Seulings, polo leste. Preto da localidade de Bebra cambia o seu curso en dirección noroeste. Logo de xuntarse co río Eder corre cara ao norte até chegar á cidade de Kassel e cambia de novo de dirección, cara ao nordés, deixando ao bosque de Kaufunger, ao leste, e os comezos do bosque de Rheinhards, ao noroeste. Finalmente conflúe co río Werra en Hann-Münden, formando ambos o río Weser.

Ao longo do seu curso atópanse as seguintes cidades e localidades:

  1. "Bachnamen und Siedlungsnamen in ihrem Verhältnis zu einander". katalog.ub.uni-leipzig.de. Consultado o 15-4-2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]