Saltar ao contido

Coxíns do Zaque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCoxíns do Zaque
Imaxe
Tipomonumento Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaColombia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 5°32′00″N 73°22′00″O / 5.53333, -73.36667
Coxíns do zaque no 2015.

Os Coxíns do Zaque é un sitio arqueolóxico muisca que se atopa na cidade de Tunja, Boyacá, que na época da Confederación muisca se chamaba Hunza. Os coxíns son dúas pezas de pedra redondas empregadas na relixión muisca para adorar ó deus do Sol, Sué, e á súa muller a deusa da Lúa, Chía. Cando os conquistadores españois chegaron ó territorio muisca no século XVI, chamáronos Cojines del Diablo.

Durante o período anterior á conquista española das nacións chibchas, as terras altas dos Andes colombianos (Altiplano Cundiboyacense) estaban poboadas polos muiscas. Esta avanzada civilización tiña a súa propia relixión e rituais, que xiraban arredor de dúas deidades importantes, Sué e Chía. Os territorios do norte eran gobernados polo iraca de Sugamuxi, o tundama de Tundama e o zaque de Hunza.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os coxíns son dúas pedras circulares de pedra que se atopan na base do outeiro de San Lázaro, en Tunja. O coxín situado máis ó norte mide 1,1m de diámetro e o situado máis ó sur 1m. As pedras están orientadas segundo a elipse e teñen unha parte inclinada orientada ó oeste e unha parte cha orientada ó leste. As pedras eran usadas polo Zaque para axeonllarse e adorar a Sué no amencer.[1]

Os coxíns foron estudados en 1847, e en 1928 a cidade de Tunja converteu as pedras nun sitio arqueolóxico.[2]

Rituais e festividades

[editar | editar a fonte]

Cada maña, o Zaque marchaba en procesión dende o seu bohío en Hunza até os coxíns. Ademais dos rituais diarios, relacionados coa sementeira e a colleita, outros rituais eran realizados nos coxíns.[3]

O calendario muisca definía os meses de sementeira e colleita, que cadran cos meses de marzo e setembro do calendario gregoriano. Para incrementar a fertilidade das terras, os muiscas celebraban festivais para os deuses arredor dos coxíns do Zaque. Durante estes festivais, os muiscas danzaban en grupos, collidos das mans e cantando e tocando frautas, ocarinas e outros instrumentos. Ademais, tamén bebían a chicha.[4]

Nalgunhas ocasións, os nenos de doce anos (moxas) que eran capturados doutros pobos veciños, eran sacrificados ós deuses nos coxíns do Zaque. As testas dos mozos eran apoiadas nos coxíns, despois eran decapitados e deixábase que o seu sangue regase os coxíns. Os muiscas deixaban alí os corpos como alimento para Sué, e eran retirados despois duns poucos días.[5]