Colector (motor)
En mecánica do automóbil. o colector refírese aos tubos que distribúen ou recollen os gases do motor. Esta tubaxe ramifícase en varias saídas (ou entradas), unha por cilindro.
Colector de admisión
[editar | editar a fonte]O colector de admisión leva ar, ou mestura de ar/combustíbel, á entrada dos cilindros dos motores. Cando as válvulas de admisión se abren por acción da árbore de cames, o pistón, que está nun movemento descendente, ten un efecto de succión no colector de admisión provocando a entrada de gas no interior dos cilindros.
Colector de escape
[editar | editar a fonte]O colector de escape agrupa as varias saídas dos cilindros do motor. Após a deflagración do combustíbel no interior ábrese a válvula de escape cando a subida do pistón e a presión obriga aos gases queimados a saíren, sendo conducidos polo colector de escape até o tubo de escape do motor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ARIAS-PAZ, Manuel: Manual de Automóviles, 56ª edición. ISBN 978-84-89656-58-1