Saltar ao contido

Celso Collazo Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelso Collazo Álvarez
Biografía
Nacementoc. 1900 Editar o valor en Wikidata
Crecente, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Covelo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCelso Collazo Lema Editar o valor en Wikidata
IrmánsEugenio Collazo Álvarez Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 131

Celso Collazo Álvarez, nado en Crecente cara a 1900 e finado en Covelo o 22 de setembro de 1936, foi un funcionario e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Eugenio Collazo Iglesias e irmán de Eugenio Collazo Álvarez. Funcionario municipal, obtivo a praza de Oficial primeiro do Concello de Mondariz en 1926.[1] Foi vicepresidente da Sociedade de Caza e Pesca de Mondariz en 1929.[2] Na República foi elixido secretario do Centro Republicano Democrático de Mondariz en xaneiro de 1932.[3] Simpatizante do Partido Galeguista, foi colaborador de Castelao. Foi correspondente de Faro de Vigo en Mondariz e colaborou en El Tea, onde escribiu artigos a favor do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.[4][5]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado o 22 de setembro e o seu cadáver apareceu en Santa Mariña de Covelo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Encarnación Lema e foi pai de Celso Collazo Lema.

  1. El Tea, 13-7-1926, p. 2.
  2. El Tea, 13-5-1929, p. 3.
  3. El Tea, 3-1-1932, p. 2.
  4. "En pro de la autonomía", El Tea, 4-6-1936, p. 1.
  5. "Camino de la autonomía", El Tea, 24-6-1936, p. 1.