Saltar ao contido

Charadrius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Charadrius é un xénero de aves da orde dos caradriformes, que é o tipo da familia dos carádridos.

As súas especies constitúen un grupo de aves limícolas extensamente distribuído por todo o mundo, que se alimentan principalmente de insectos, vermes e outros invertebrados, dependendo do hábitat de cada unha.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][2][3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Charadrius tirouno Linneo do latín vulgar, tomado do grego antigo καραδρίός charadriós, unha ave acuátca, quizais Burhinus oedicnemus,[4] que, segundo Aristóteles e Aristófanes, a súa visión curaba a ictericia.[5]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle deu Linneo, e e que é o actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2]

  • Aegialetes G.R. Gray, 1849
  • Aegialites Kaup, 1829
  • Aegialitis Boie, 1822
  • Aegialophilus Gould, 1865
  • Charadias Scopoli, 1777
  • Charadinus Dumont, 1821
  • Charadius Schilling, 1853
  • Charadrias Scopoli, 1777
  • Charadricus Pennant, 1781
  • Charadrus Fleming, 1822

Na actualidade recoñécense no xénero as especies seguintes:[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Moitas das especies de Charadrius caracterízanse por prsentaren bandas ou colares no peito. Estas poden seren (nos adultos) bandas completas (aneladas, semipalmadas, pouco aneladas), bandas dobres ou triplas ou colares parciais.

Teñen o pico relativamente curto e aliméntanse principalmente de insectos, vermes ou outros invertebrados, dependendo do hábitat, que obteñen mediante unha técnica de carreiras e pausas, en lugar da sondaxe constante dalgúns outros grupos de limícolas. Cazan as súas presas localizándoas pola vista, máis que pola sensibilidade do peteiro, como fan as limícolas de pico máis longo.

  1. 1,0 1,1 Charadrius Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 9 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Charadrius Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 9 de setembro de 2022.
  3. Charadrius Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 9 de setembro de 2022.
  4. Charadrius no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Alcaraván común. Burhinus oedicnemus Linnaeus, 1758 en animalandia.educa.madrid.org (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]