Cracovia
Cracovia[1] (en polaco Kraków, alemán Krakau) é a segunda cidade da Polonia actual, e unha das máis antigas cidades da Polonia histórica, cunha poboación de 1 027 503 habitantes no ano 2013 (1,4 millóns, tendo en conta a área de influencia metropolitana). Esta cidade histórica está situada á beira do río Vístula (Wisła) e aos pés do outeiro Wawel. É tamén a capital da rexión da Pequena Polonia desde 1999.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente afírmase que o nome de Cracovia deriva de Krakus (tamén Krak ou Grakch), o lendario fundador da cidade e líder da tribo dos Lechitians. En polaco, Kraków é unha forma posesiva arcaica de Krak e, esencialmente, significa "(cidade) de Krak". O nome de Krakus podería provir de "krakula", unha verba protoeslava que designa o bastón dun xuíz, ou da palabra protoeslava "krak", que significa carballo, árbore considerada sacra.
Historia
[editar | editar a fonte]Cracovia é tradicionalmente unha das cidades punteiras en educación, cultura e movementos artísticos e tamén achega un importante peso económico ao país. Foi fundada ó redor do ano 700, xa que a cidade existía xa no século VII, habitada pola tribo de Wislanie. A primeira fonte documentada en que aparece mencionado o Príncipe Krakus (escrito Grakch) data de 1190. Foi atacada e devastada polos mongois en 1241, 1259 e 1287, e capital de Polonia entre 1320 e 1596. Formou parte do Imperio austríaco, co nome de Krakau, de 1795 a 1809 e de 1846 a 1914. Durante a invasión de Polonia por parte da Alemaña nazi foi a capital do Goberno Xeral e a poboación xudía foi movida a un recinto fechado chamado Gueto de Cracovia desde onde os foron trasladando aos campos de exterminio de Auschwitz-Birkenau ou Płaszów.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O Centro Histórico de Cracovia foi inscrito pola UNESCO en 1978 na lista do Patrimonio da Humanidade, o mesmo ano en que Karol Wojtyła, ata entón arcebispo de Cracovia, foi elixido Papa. A cidade é sede dunha das máis antigas e prestixiosas universidades de Europa, a Universidade Iaguelónica, universidade que conta ademais cun Centro de Estudos Galegos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Tumba do Gran Kazimierz
-
San Pedro e Paulo
-
Castelo Wawel
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Cracovia (Polonia)
- ↑ "Twin and Partner Cities". City of Edinburgh Council. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 16 January 2009.
- ↑ "Sister Cities, Public Relations". Guadalajara municipal government. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o March 12, 2013.
- ↑ "Rochester's Sister Cities". City of Rochester. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 2010-12-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cracovia Travel
- Información turística esencial de Cracovia Arquivado 06 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Protect Kraków Heritage Campaign
- krakowmiasto.pl (en polaco)
- Comunidade xudía en Cracovia
- Map: Kraków Heritage Under Threat
- Kraków Jewish guide and genealogy in Poland
- Tourismo en Cracovia
- Webcams de Cracovia
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cracovia |
Predecesor: Weimar |
Capital Europea da cultura xunto con Aviñón Bergen Boloña Bruxelas Praga Helsinqui Reiquiavik Santiago de Compostela 2000 |
Sucesor: Rotterdam Porto |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cracovia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Satellite photograph of the Old Town from Google Maps
- Kraków Old Town Arquivado 22 de abril de 2012 en Wayback Machine. from Krakow-Poland.com Arquivado 06 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.