Saltar ao contido

Antony Hewish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntony Hewish

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1924 Editar o valor en Wikidata
Fowey, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
EducaciónGonville and Caius College (pt) Traducir
Universidade de Cambridge
King's College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica e astronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, físico, astrofísico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLaboratorio Cavendish
Universidade Yale
Mullard Radio Astronomy Observatory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoJocelyn Bell Burnell e Peter Duffett-Smith (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хьюиш Энтони)
Enciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.440)
Astronomers: A Biographical Reference (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 077852b3-03db-4bad-be26-f22ba40e6400 Editar o valor en Wikidata

Antony Hewish, nado o 11 de maio de 1924 en Fowey (Cornualla, Inglaterra) e finado o 13 de setembro de 2021, foi un astrónomo inglés galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1974 xunto con Martin Ryle, sendo os primeiros astrónomos en conseguilo, polos seus traballos sobre radioastronomia e os púlsares.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Gonville e no Caius College da Universidade de Cambridge, pero o seu doutoramento viuse aprazado pola súa participación na segunda guerra mundial. Durante a súa estancia no exército británico coñeceu Martin Ryle, co cal colaborou na Universidade de Cambridge a partir de 1946 no Laboratorio Cavendish. Finalmente doutorouse en 1952 na mesma universidade.

Membro da Royal Society desde 1958, entre 1971 e 1989 foi nomeado profesor de astronomía no Laboratorio Cavendish, sendo cabeza do Mullard Radio Astronomy Observatory entre 1982 e 1988.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Xunto a Ryle Hewish realizou avances prácticos e teóricos na observación e a explotación dos escintileos evidentes das fontes de radio debido á súa radiación que afectaba sobre o plasma.

Estas investigacións conducírono á construción do Interplanetary Scintillation Array, un telescopio que mesturaba as ondas de radio e o escintileo interestelar construído nas instalacións do Observatorio de Astronomía de Mullard en Cambridge. Durante a realización deste proxecto, unha das súas colaboradoras, Jocelyn Bell, conseguiu detectar unha fonte de radio primaria que posteriormente se denominou púlsar.

En 1974 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Martin Ryle, pola súa investigación, pioneira, en radioastronomia, e no seu papel decisivo na descuberta dos púlsares, sendo os primeiros astrónomos en conseguir esta distinción. O premio, porén, non estivo exento de polémica posto que se obviou o nome de Jocelyn Bell no recoñecemento do Nobel e foi duramente condenado polo astrofísico Fred Hoyle. En cambio outros autores viron no Premio Nobel concedido o recoñecemento aos traballos en radioastronomia por parte de ambos científicos, facendo unha mención especial na teoría da síntese de apertura por parte de Ryle e nos púlsar por parte de Hewish.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]