Antonio Cerrotti
Antonio Cerrotti | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio Cerrotta | ||
Nacemento | 14 de xullo de 1901 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Falecemento | 27 de xullo de 1979 | ||
Lugar de falecemento | Buenos Aires | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Canteira Boca Juniors | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Boca Juniors | |||
Club El Porvenir | |||
Barracas Juniors | |||
Selección nacional | |||
Selección de fútbol da Arxentina | 3 | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antonio Cerrotti, nado en Buenos Aires o 14 de xullo de 1901 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1979, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De profesión carboeiro, de onde saíu o seu alcume Carburín, formouse na canteira de Boca Juniors co que pronto debutaría no primeiro equipo e no que xogaría a maior parte da súa carreira. Unha vez abandonou o Club Xeneize continuou a súa carreira en El Porvenir e en Barracas Juniors.
Integrou o equipo de Boca Juniors, que realizou a xira europea de 1925, sendo o primeiro xogador arxentino en marcar un gol en Europa. Foi de cabeza no primeiro encontro da xira, o 5 de marzo ante o Celta de Vigo en Balaídos.
Coa selección de fútbol da Arxentina disputou 3 encontros, debutando o 9 de decembro ante Brasil.