Saltar ao contido

Anxo (cristianismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura dun anxo, século XIII

Na relixión, un anxo é un ser espiritual que asiste e serve ao Deus ou deuses dalgunhas relixións tradicionais. Ademais adoita ser unha figura oposta aos demos.

Hugo Simberg, 1903.

Orixe e historia

[editar | editar a fonte]

A palabra provén do latín angelus, derivado á súa vez do grego άγγελος, que significa "mensaxeiro". No Antigo Testamento emprégase anxo para traducir a palabra hebrea מלאך, mal'ach, que tamén significa mensaxeiro.

Na iconografía cristiá

[editar | editar a fonte]
Cadro de William-Adolphe Bouguereau coñecido como Retorno da Primavera de 1886.

Os anxos son mensaxeiros de Deus, espíritos puros e inmortais creados polo Señor. A súa función principal é glorificaren a Deus. Ademais, serven de nexo entre El e o ser humano, protexen a este e velan pola súa salvación.

Usualmente represéntanse con ás, posiblemente para sinalaren a presteza coa que realizan a misión que se lles encomenda ou ben porque poden voar e é máis sinxelo para a mente humana comprender esa característica atribuíndolles ás. Na época barroca desenvolveuse en Suramérica un estilo pictórico de anxos, un de cuxas máis coñecidas iconas son os Anxos arcabuceiros. Tamén na iconografía islámica se representan como seres alados.

Os anxos son asexuados e a súa orixe e natureza foron moi diferentes ás do home.

Os anxos non deben confundirse cos santos, pois a súa condición depende da súa natureza e non dos seus actos. O anxo nace pero o santo faise, por iso o comportamento do anxo pode chegar a ser sorprendente e ata controvertido.

Xerarquía

[editar | editar a fonte]

Consonte aos teólogos cristiáns da Idade Media, os anxos están organizados en varias ordes ou Coros Anxelicais. A clasificación máis influente foi creada por un autor descoñecido cuxas obras nos chegaron atribuídas a Dionisio Areopagita. O teólogo en cuestión viviu entre os séculos IV e V e expuxo a súa doutrina no seu libro A Xerarquía Celeste.

Na súa obra, o autor tomou como referencia algunhas pasaxes do Novo Testamento, en concreto da Epístola aos Efesios (cap. 6, ver. 12) e a Epístola aos Colosenses (cap 1, ver. 16), para construír un esquema de tres Xerarquías ou Esferas de anxos, as cales contiñan tres Ordes ou Coros. Estas eran (en orde descendente):

Primeira xerarquía

[editar | editar a fonte]

Crese que estes anxos serven como conselleiros divinos.

Serafíns

[editar | editar a fonte]

O Serafín é a orde de maior xerarquía anxelical, servindo como encargados do trono de Deus e cantándolle continuamente as súas loanzas. Dise que rodean o trono de Deus, regulando o movemento dos ceos segundo emana de Deus. Represéntanse con tres pares de ás con ollos, con elas cobren o rostro e o corpo para se protexeren do intenso Resplandor que emite Deus.

Os Serafíns son mencionados en Isaías 6:1–7.

Rembrandt Harmensz. van Rijn.

Querubíns

[editar | editar a fonte]

Os Querubíns son os gardiáns da luz e as estrelas. Crese que, aínda que non están no plano da realidade humana, a súa luz divina se filtra do ceo e toca as vidas dos homes. Represéntanse con dous pares de ás.

Pénsase que os Querubíns son unha orde dentro dos anxos, aínda que outros os clasifican como seres a un nivel maior có dos anxos. O seu rango entre os anxos sempre foi categorizado na primeira xerarquía.

Moitos cristiáns cren que o Demo é un anxo caído que estaba entre os Querubíns antes de caer do Ceo. Dentro destas crenzas dise que o seu título era o "anxo da luz" previamente a pecar en contra de Deus.

Os Querubíns son mencionados no Xénese 3:24; Ezequiel 10:17–20; e 1 Reis 6:23–28.

Estas entidades están relacionados coas accións dos homes. Son entes que antigamente eran chamados Espíritos das Estrelas. Levan un rexistro das accións en tódolos tempos ou karmas. Son tamén os construtores da orde universal. Represéntanse como seres inmensos de ás circulares iluminadas coas cores do arco da vella. Son os portadores do don da perseveranza. O seu deber é cargaren o trono de Deus polo paraíso.

Segunda xerarquía

[editar | editar a fonte]

Estes anxos son considerados gobernadores do ceo.

Dominacións

[editar | editar a fonte]

Teñen a tarefa de regularen os deberes de anxos inferiores. Reciben ordes dos Serafíns, os Querubíns, ou ata do mesmísimo Deus. Son responsables de se aseguraren de que o universo se manteña en orde. Soamente en ocasións extremas os dominacións manifestáronse fisicamente ante os mortais, xa que normalmente se preocupan máis dos detalles da existencia.

Son iguais aos Principados, pero o seu deber é supervisaren a distintos grupos de persoas. Teñen a forma de raios de luz que inspiran á humanidade de distintos xeitos.

Potestades

[editar | editar a fonte]

Son seres anxelicais encargados de salvagardaren a conciencia e a historia. Os anxos da morte e nacemento atópanse nesta categoría. O seu deber, ademais, é supervisaren a distribución de poderes entre os humanos.

Terceira xerarquía

[editar | editar a fonte]
O Arcanxo Miguel na igrexa de Santa María do Azougue, Betanzos

Son anxos que traballan como mensaxeiros divinos.

Na iconografía cristiá, os anxos do terceiro coro constitúen o grao máis inferior, pois son os que están máis preto dos homes e do mundo. Son os que se manifestan en forma de anxos da garda ou conselleiros. Represéntanse tamén como simples soldados, vestindo lixeiras túnicas e poden levar candeas ou palmas de triunfo.

Óleo dun anxo arcabuceiro existente en Toledo (España).

Principados

[editar | editar a fonte]

Os Principados son os gardiáns das nacións e os países. Supervisan aqueles eventos que afecten ás nacións, incluíndo política, temas militares e comercio.

Os Arcanxos atenden as áreas dos esforzos humanos e son os líderes administrativos dos seres celestiais. Un arcanxo recibe, usualmente, unha tarefa de importancia para a humanidade.

Na Biblia menciónase só un arcanxo: Miguel, posto que a Gabriel se lle chama anxo e Rafael aparece nun libro apócrifo. Un feito curioso é que a palabra arcanxo xamais se usa na Biblia en plural, o que nos leva a pensar que só existe un. En 1 Tesalonicenses 4:16 fálase sobre Xesús, do cal se di que ten voz de arcanxo, ademais, en varios textos faise referencia a Xesús e a Miguel como seres que realizan accións moi parecidas (Apocalipse 12:7-12; Apocalipse 19:11-16), o que nos leva a pensar que Miguel é o nome celestial e prehumano de Xesús.

Segundo Risco, san Miguel é o máis soado dos anxos. É o responsable de xulga-las almas no Xuízo Final, colocando nos pratos da balanza os feitos bos e malos que fixera o xulgado cando home. Na imaxinería relixiosa cristiá quedou reflictida esta actuación en capiteis e tímpanos, por veces compensando co seu caxato as trampas que intentaba face-lo demo turrando para si o prato que contiña os pecados. Noutros casos crese que foi a Virxe a que compensaba o desequilibrio, axudando co seu manto cando as boas accións non pesaban máis que os actos ruíns (RISCO 1962:334, 338 e 356).

Algúns cristiáns cren que Satanás era un arcanxo (e non un querubín) antes de caer do ceo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]