Saltar ao contido

Ana Botella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Botella

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ana María Botella Serrano Editar o valor en Wikidata
23 de xullo de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Madrid
27 de decembro de 2011 – 13 de xuño de 2015
← Manuel CoboManuela Carmena →
Concelleiro de Madrid
14 de xuño de 2003 – 13 de xuño de 2015
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - licenciatura en Dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfuncionaria pública, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–)
Alianza Popular (1978–1989) Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJosé María Aznar (1977–) Editar o valor en Wikidata
FillosAna Aznar Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé Botella Llusiá, second uncle
Manuel Aznar Acedo, husband's father
Alejandro Agag, xenro Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Twitter: AnaBotellaPSOE BNE: XX1053878 Dialnet: 920974 Musicbrainz: e764df02-97e5-4ba2-a3fc-dbcb418e3a1e Editar o valor en Wikidata

Ana María Botella Serrano, nada en Madrid o 23 de xullo de 1954, coñecida como Ana Botella, é unha política española do Partido Popular, alcaldesa de Madrid entre 2011 e 2015.[1]

Está casada desde 1977 con José María Aznar, presidente do Goberno de España durante as lexislaturas VI e VII, a quen coñeceu durante a súa viaxe de fin de carreira e con quen ten tres fillos: José María, Ana e Alonso Aznar Botella.

É a maior de trece irmáns, filla de Ernesto Botella Pradillo (1918-2011) e Ana María Serrano Sancho-Álvarez.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos de primaria e secundaria nun colexio relixioso das Nais Irlandesas. Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid.[3]

Funcionaria da Administración

[editar | editar a fonte]

Aprobou as oposicións para o Corpo de Técnicos de Información e Turismo e desde entón traballou para a Administración Pública (no Ministerio do Interior, o Goberno Civil de Logroño, o Ministerio de Obras Públicas, a Delegación de Facenda de Valladolid e o Ministerio de Facenda).[4]

Carreira política

[editar | editar a fonte]

En 2003 foi elixida concelleira do Concello de Madrid, e nomeada segunda tenente de alcalde, ocupándose da Concellaría de Goberno de Emprego e Servizos á Cidadanía ata 2007.

Desde 2004 forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Madrid. Foi secretaria executiva de Acción Social ata 2008, e desde entón secretaria executiva de Acción Sectorial. É membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular desde 2008.

Nas eleccións de 2007 foi a número dous na lista do Partido Popular novamente para o Concello de Madrid e ocupou a Concellaría de Medio Ambiente.

En xuño de 2011 foi ratificada como segunda tenente de alcalde e titular da área de Goberno de Medio Ambiente e Mobilidade.[5]

O alcalde Alberto Ruiz-Gallardón deixou a alcaldía de Madrid o 22 de decembro de 2011 posto que fora designado un día antes como ministro de Xustiza polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Asumiu o cargo de alcalde como interino durante cinco días o vicealcalde Manuel Cobo e o 27 de decembro do mesmo ano o pleno do Concello escolleu (con 31 votos de 55) a Ana Botella como primeira alcaldesa de Madrid.[6]

Na presentación final da Candidatura de Madrid 2020 en Buenos Aires, en setembro de 2013, participou na delegación española, e utilizou nas súas comunicacións con xornalistas un limitado coñecemento de inglés.[7]

O 9 de setembro de 2014 anunciou a súa intención de non concorrer ás urnas nas eleccións municipais de 2015[8], tralas cales abandonou a alcaldía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Alberto Ruiz-Gallardón
 
Alcaldesa de Madrid
 
2011 - 2015
Sucesor:
Manuela Carmena