Saltar ao contido

Alticini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alticini

Phyllotreta vittula con danos característicos debidos á alimentación nunha folla de Brassicaceae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Clado: Phytophaga
Superfamilia: Chrysomeloidea
Familia: Chrysomelidae
Subfamilia: Galerucinae
Tribo: Alticini
Spinola, 1844[Verificar credibilidade]
Xéneros

Moitos, ver textos

Larva de Altica sp.
Disonycha xanthomelas
Luperaltica nigripalpis

Alticini é unha tribo de pequenos escaravellos saltadores da familia Chrysomelidae, subfamilia Galerucinae. Historicamente estaban clasificadas na súa propia subfamilia.

Aínda que a maioría das tribos dos Galerucinae poden ser parafiléticas, os Alticini considéranse un clado monofilético.

Descrición e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Os adultos son crisomélidos moi pequenos ou de tamano moderado, que están entre os escaravellos máis pequenos. Son similares a outros crisomélidos, pero caracterízanse por ter os fémures das patas posteriores moi agrandados. Estes fémures agrandados permiten a acción de choutar que realizan cando os molestan. Poden tamén camiñar normalmente e voar. Moitos deles teñen cores atractivas, que poden ser escuras, brillantes e a miúdo con cores metálicas predominantes.

Os adultos aliméntanse externamente de plantas, comendo a superficie das follas, talos e pétalos. Cando se alimentan intensamente os pequenos buracos redondos causados por un individuo poden coalescer formando grandes áreas danadas. Algunhas larvas (por exemplo as de Phyllotreta) comen raíces.

En condicións climatolóxicas adversas (chuvia, por exemplo) algúns deles procuran refuxio no solo. Algunhas especies, como Phyllotreta cruciferae e P. striolata, prefiren abandonar os seus esconderixos só durante o tempo seco e cálido.

Relacións cos humanos

[editar | editar a fonte]

Os Alticini poden ser beneficiosos ou ser pragas, dependendo da especie.

Moitos cultivos agrícolas importantes poden ser atacados por estes escaravellos, como varias plantas crucíferas como a mostaza e a colza (concretamente a canola no noroeste de Norteamérica). Numerosas plantas de xardín tamén poden ser atacadas, como as flores de Gardenia e Rothmannia por especies de Altica.

Os Alticini executan os seus ataques máis graves durante o tempo seco e son máis activos nos días solleiros. As larvas mastigan raíces.[1]

Plantas acompañantes

[editar | editar a fonte]

Estes escaravellos poden ser disuadidos por varias plantas acompañantes, que se cultivan entre as plantas de xardín acompañando a outras plantas veciñas máis valiosas ás que benefician. Por exemplo, o tomiño, herba gateira e tipos de menta tapan co seu cheiro o olor das plantas próximas.[2]

Os ravos, por outra parte, poden cultivarse como colleita trampa, tentando aos escaravellos e afastándoos de colleitas máis importantes. Como a súa raíz non é danada polos escaravellos, os ravos seguen sendo utilizables.[3]

Poden empregarse varios predadores naturais para manter os escaravellos controlados, incluíndo algúns que os parasitan, como as vespas bracónidas e as moscas taquímidas. En ambos os casos, a larva aliméntase do escaravello, mentres que o adulto se alimenta de néctar e pole; algunhas especies son incluso importantes polinizadores. Para animar ás vespas bracónidas e ás moscas taquínidas plántanse certo tipo de flores entre a colleita: umbelas como a carvea, fiúncho, coandro e Ammi majus, e simples flores abertas como as papoulas de California e a maravalla, así como a milfollas.[4]

Insectos beneficiosos

[editar | editar a fonte]

Outras especies de Alticini son beneficiosas, alimentándose de malas herbas e plantas molestas similares. Unhas poucas especies foron introducidas en varios lugares como axentes de control biolóxico contra algunhas malas herbas. Un exemplo importante é o seu uso no control da Euphorbia virgata, unha mala herba invasiva nos Estados Unidos de América. Ten un látex tóxico e evítana xeralmente os herbívoros. Os Alticini do xénero Aphthona foron introducidos con éxito para controlar esta planta.

Xéneros seleccionados

[editar | editar a fonte]

Esta lista de xéneros non é completa. É tamén parcialmente a do ITIS e podería incluír xéneros que outras fontes sitúan noutros grupos.

  1. Squire, David (2007). The garden pests & diseases specialist : the essential guide to identifying and controlling pests and diseases of ornamentals, vegetables and fruits. London: New Holland. p. 35. ISBN 978-1-84537-485-3. OCLC 144580994. 
  2. "Garden Toad's Companion Plants". Arquivado dende o orixinal o 2014-07-01. 
  3. 5 Secrets to Vegetable Garden, Companion Planting Revealed
  4. "Alys Fowler: flea beetle". The Guardian (en inglés). 2013-04-06. Consultado o 2022-05-16. 
  5. Linzmeier, Adelita M.; Konstantinov, Alexander S. (2018). "Andersonoplatus, a new, remarkable leaf litter inhabiting genus of Monoplatina (Coleoptera, Chrysomelidae, Galerucinae, Alticini)". ZooKeys (744): 79–138. PMC 5904521. PMID 29670446. doi:10.3897/zookeys.744.22766. 
  6. Moseyko, Alexey G.; Kirejtshuk, Alexander G.; Nel, Andre (2010). "New genera and new species of leaf beetles (Coleoptera: Polyphaga: Chrysomelidae) from Lowermost Eocene French amber". Annales de la Société Entomologique de France. Nouvelle Série 46 (1–2): 116–123. doi:10.1080/00379271.2010.10697645. 
  7. D'Alessandro, Paola; Biondi, Maurizio (2018). "Ugandaltica gen. n., a tiny flea beetle from the forest canopy in Central Africa (Coleoptera, Chrysomelidae, Galerucinae, Alticini)". ZooKeys (746): 123–136. PMC 5904385. PMID 29674899. doi:10.3897/zookeys.746.23637. Consultado o 3 April 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]