Saltar ao contido

Alejo Diz Jurado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejo Diz Jurado

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1885 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Tui
1931 – 1931 – Benito Pérez Álvarez →
Alcalde de Tui
1918 – 1922
← Servando Albuerne Menéndez-Conde Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , médico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX901189 Nomes e Voces: 880

Alejo Diz Jurado, nado en Tui o 23 de setembro de 1885 e finado na mesma vila o 30 de outubro de 1936, foi médico e político galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dos comerciantes Ignacio Diz e Gerarda Jurado, estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o efémero semanario político satírico La Tetera,[2] no que asinaba co pseudónimo Criticón B.[1] Con este mesmo pseudónimo asinou as crónicas "De una ciudad del Miño", publicadas en La Raza de Pontevedra. Foi alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Coa proclamación da Segunda República volveu ser alcalde de Tui en 1931. Afiliouse a Izquierda Republicana. En 1934 estivo en Dinamarca para investigar os sistemas de aseguramento sanitario en Centroeuropa e así valorar as posibilidades de implantación en España.[3]

Vodas de prata da promoción de Medicina de 1907.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Vigo o 13 de outubro de 1936 acusado de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui, con Darío Álvarez Limeses.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1915 con Concepción Rodríguez Caballero, coa que tivo seis fillos.

  1. 1,0 1,1 Bugarín González, Rosendo e Bugarín Diz, Carmen (2015). "Alejo Diz Jurado, médico tudense, impulsor do seguro de enfermidade" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 21: 74–76. 
  2. 2,0 2,1 Álvarez Blázquez, Darío (2005). "Diz jurado, Alejo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. "Para estudiar la implantación del seguro de socorro por enfermedad" La Vanguardia, 12/7/1934 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Servando Albuerne Menéndez-Conde
 
Alcalde de Tui
 
1918 - 1922
Sucesor:
Venancio Lorenzo Álvarez
Predecesor:
Francisco Baquero Pérez
 
Alcalde de Tui
 
1931
Sucesor:
Benito Pérez Álvarez