Alfaglobulina
As alfaglobulinas son un grupo de proteínas globulares do plasma sanguíneo[1] que son moi móbiles en solucións cargadas electricamente ou alcalinas. Inhiben certas proteases do sangue, mostrando unha actividade inhibidora significativa.
As alfaglobulinas teñen normalmente un peso molecular de arredor de 93 kDa.
Electroforese
[editar | editar a fonte]O fraccionamiento electroforético das proteínas sanguíneas mostra seis fraccións que van en orde de mobilidade: prealbumina, seroalbumina, α-globulinas, β1–globulinas, β2–globulinas e γ-globulinas.[2]
A concentración media das alfaglobulinas en sangue é de 1,5 g/dl, mentres que a concentración de albumina é aproximadamente de 4,2 g/dl e a das demais proteínas séricas, menor de 0,5 g/dl.[2]
Exemplos
[editar | editar a fonte]As alfaglobulinas divídense nos seguintes dous grupos:[3]
Alfa 1-globulinas
[editar | editar a fonte]- α1-antitripsina
- Alfa 1-antiquimiotripsina
- Orosomucoide (glicoproteína ácida)
- Amiloide sérico A
- Alfa 1-lipoproteína
Alfa 2-globulinas
[editar | editar a fonte]- Haptoglobina
- Alfa 2u-globulina
- α2-macroglobulin
- Ceruloplasmina
- Globulina ligadora da tiroxina
- Alfa 2-antiplasmina
- Proteína C
- Alfa 2-lipoproteína
- Anxiotensinóxeno
- Globulina ligadora do cortisol
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alpha-Globulins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- ↑ 2,0 2,1 HASEGAWA, MY et al . Serum protein electrophoresis evaluation in adult broiler breeders (Gallus Gallus Domesticus) of the Avian Farm strain. Rev. Bras. Cienc. Avic. , Campinas, v. 4, n. 3, 2002 . Disponible on line: [1]. Consultado o 19 de marzo de 2008. doi: 10.1590/S1516-635X2002000300004
- ↑ MedlinePlus (marzo de 2007). "Electroforesis de proteínas en suero". Enciclopedia médica (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |