Saltar ao contido

Arnor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arnor
Legendarium de J. R. R. Tolkien
Escudo de Arnor.
Arnor (vermello) na Terra Media, Terceira Idade 861.
Primeira apariciónO Señor dos Aneis
Información
TipoReino norteño dos numenorianos no exilio
GobernanteReis de Arnor
LocalizaciónNorte da Terra Media
LugaresCapital: Annúminas
Outros nomesO reino do norte

Arnor, que en sindarin significa «terra do rei», (tamén coñecido como o Reino do Norte) é un reino ficticio do universo imaxinario de J. R. R. Tolkien. Fundado por Elendil o Alto tralo afundimento da illa de Númenor. O reino, que se estendía ó oeste da Terra Media e ocupaba case todo Eriador, limitaba ó norte co reino de Angmar e a baía de xeo de Forodwaith, ó oeste coas Montañas Azuis, ó leste coas Montañas Bretemosas e ó sur co río Gwathló.

A capital do reino era Annúminas, onde se atopaba o cetro de Annúminas, símbolo do poder dos reis de Arnor, unha das palantír e o Anel de Barahir. Outros lugares importantes eran Emyn Beraid, Fornost, Prebe, Tharbad e Amon Sûl.

Houbo oito reis en Arnor, antes de que as liortas entre irmáns pola sucesión ó trono ocasionaran a división do reino en tres: Arthedain, Cardolan e Rhudaur. Estes tres reinos foron asolados polas tropas de Angmar, cuxo rei era o Rei Bruxo de Angmar, señor dos Nazgûl.

Trala Guerra do Anel e a coroación de Aragorn como rei do Reino Unificado, o reino empezou a súa reconstrución.