Augustal
O augustal (latín: augustale) foi unha moeda de ouro cuñada no Reino de Sicilia. Foi establecida en 1231 por Frederico II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e Rei de Sicilia, cuñouse ata a súa morte en 1250 e tivo ampla circulación na Península Itálica. O mesmo nome déuselles tamén a algunhas moedas sicilianas de ouro posteriores de características e valor similares.[1][2][3][4][5]
Foi cuñado nas cecas de Brindisi e Messina e, ademais da unidade, emitiuse tamén o medio augustal, con idéntico deseño e proporcional en tamaño e peso.[6][7]
Caracterización
[editar | editar a fonte]O augustal tiña un peso nominal de 5,31 gramos e unha fineza de 20½ quilates (ou 854 milésimas de ouro puro). O seu valor legal era o dun terzo da onza siciliana de ouro.[6]
Os augustais inspiraban a súa tipoloxía en modelos monetais romanos, particularmente nos áureos. Os seus tipos fixos amosan nos anversos o busto laureado do emperador con aparencia romana e nos reversos unha aguia coas ás estendidas, como símbolo imperial. [3][8]
As súas lendas están en lingua latina. A dos anversos é CAESAR AVG IMP ROM ("César Augusto, emperador dos romanos") e a dos reversos FRIDE RICVS, o nome do emperador.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kowalski, H. (1976). "Die Augustalen Kaiser Friedrichs II". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 55: 77-150.
- ↑ Travaini, L. "Augustale". En Enciclopedia Federiciana. Istituto dell'Enciclopedia Italiana Treccani.
- ↑ 3,0 3,1 "Augustal". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
- ↑ Grierson, P.; Travaini, L. (1998). Páxina 455. Páxina 187.
- ↑ 5,0 5,1 Abulafia, D. (1992). Páxina. 222.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Grierson, P.; Travaini, L. (1998). Páxina 172.
- ↑ "Gold 1/2 augustalis of Frederick II". American Numismatic Society.
- ↑ "Könige von Sizilien: Friedrich II. (1197–1250)". Kunst Historisches Museum Wien.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augustal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abulafia, D. (1992). Frederick II: A Medieval Emperor. Oxford University Press. Páxina. 222. ISBN 978-0-19-508040-7
- Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (2001). Dictionnaire de Numismatique. Larousse. París. ISBN 978-2035050762
- Grierson, P.; Travaini, L. (1998). Medieval European Coinage. Volume 14: Italy III: South Italy, Sicily, Sardinia. Cambridge University Press. Páxinas 455. ISBN 978-0-521-58231-5