Bádminton
O bádminton[1] é un deporte de raqueta no que se enfrontan dous xogadores (individual) ou dúas parellas (dobres) situadas nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede.
A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun volante.
Os xogadores deben golpear coas súas raquetas o volante para que este cruce a pista por encima da rede e caia no campo do opoñente. O punto finaliza cando o volante toca o chan, despois de exceder a rede.
O bádminton é, desde os Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992, un deporte olímpico en cinco modalidades: individuais masculino e feminino, dobres masculino e feminino e dobres mixto. Nesta última, a parella está composta por un home e unha muller. Este deporte está fortemente dominado polos deportistas asiáticos: China, Indonesia e Corea do Sur conseguiron 28 medallas de ouro sobre 29.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bádminton.
- ↑ Sevanova. "Fédération Française De Badminton | Historique". www.ffbad.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bádminton |