Branca II de Navarra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1424 (Gregoriano) Olite, España |
Morte | 2 de decembro de 1464 (Gregoriano) (40 anos) Orthez, Francia |
Causa da morte | veleno |
Lugar de sepultura | Lescar Cathedral (en) |
Rei de Navarra | |
1461 – 1464 | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Infanta of Aragón (en) Infanta of Navarre (en) Rei de Navarra |
Familia | Casa de Trastámara |
Cónxuxe | Henrique IV de Castela |
Pais | Xoán II de Aragón e Branca I de Navarra |
Irmáns | Leonor I de Navarra Joana de Aragão, Rainha de Nápoles Fernando II de Aragón Carlos de Viana Afonso de Aragón e Escobar Martim de Aragão, herdeiro da Sicília |
Branca de Trastámara e de Évreux, nada en Olite (Reino de Navarra), o 9 de xuño de 1424 e finada en Orthez (Bearne, Aquitania) o 2 de decembro de 1464, foi infanta de Aragón e de Navarra, infanta de Castela polo seu matrimonio co infante Henrique de Castela e, finalmente, raíña titular de Navarra como Branca II (1461-1464).
Foi o terceiro descendente e segunda filla da entón infanta herdeira Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, duque de Peñafiel.
A súa irmá máis vella, Xoana, morreu o 22 de agosto de 1425, e o seu avó, o rei Carlos III de Navarra, o Nobre, uns días máis tarde, o 8 de setembro, o que converte a súa nai en raíña Branca I de Navarra e o seu pai en rei Xoán II (que tamén foi rei de Aragón e de Sicilia).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Branca era a filla terceira do infante de Castela e León e de Aragón, duque de Peñafiel e futuro rei de Navarra, da coroa de Aragón e de Sicilia, Xoán II, e da súa primeira esposa, a ex raíña consorte de Sicilia e futura raíña de Navarra, Branca.[1][2][3][4][5]
A súa irmá máis vella, Xoana, morreu o 22 de agosto de 1425, e o seu avó, o rei Carlos III de Navarra, o Nobre, uns días máis tarde, o 8 de setembro, o que converte á súa nai en raíña Branca I de Navarra, e ao seu pai en rei Xoán II.
O 22 de novembro de 1436, asínase en Toledo a paz entre Navarra e Castela, tras cumprirse seis anos do establecemento das Treguas de Majano. Como consecuencia da mesma acórdase o matrimonio da infanta Branca, que tiña 12 anos, con Henrique, príncipe herdeiro de Castela, que tiña 11 anos, recuperando Navarra deste modo as vilas e castelos perdidos durante a guerra.[6]
A raíña Branca I acompañou á súa filla a Castela para o seu matrimonio formal con Henrique de Castela, que tivo lugar na catedral de Valladolid o 15[1] ou o 16 de setembro de 1440,[2] cando Branca tiña 16 anos e o príncipe cumprira os 15.
Unha vez en Castela, a soberana de Navarra aproveitou para realizar unha peregrinación ao santuario de Guadalupe, en Estremadura, pero tamén usou esta oportunidade para mediar nas constantes disputas do seu marido cos nobres casteláns; o que a leva a un constante movemento no reino castelán, onde acabaría falecendo en Santa María la Real de Nieva (Segovia) o 1 de abril de 1441. Foi sepultada na igrexa do Mosteiro desa localidade, en contra do desexo expresado no seu testamento de ser enterrada en Ujué (Navarra).[6][7]
En 1451, dez anos despois da morte da raíña Branca I, comezou a Guerra civil de Navarra, cando a coroa do reino foi usurpada polo seu segundo esposo, o rei Xoán II de Aragón, pai de Branca e rei de Navarra jure uxoris (por matrimonio), quen se negou a cederlla ao seu lexítimo herdeiro, o seu fillo Carlos, príncipe de Viana e de Xirona.[8] Durante esta guerra, que rematou en 1455, Branca vive en Castela un infeliz matrimonio, que será finalmente anulado por non consumación,[9] o 2 de maio de 1453, aducindo o príncipe Henrique que unha "impotencia recíproca debida a influencias malignas" lle impediu intimar coa súa esposa.[10]
Branca regresa a Navarra repudiada e sen os bens acordados nas capitulacións do seu matrimonio por ser este anulado, debendo seu pai Xoán II encargarse de sufragar as súas necesidades, feito que o incomodaba, pois o rei sentía unha grande aversión tanto por ela como polo seu irmán máis vello Carlos de Viana; a súa irmá máis nova Leonor, condesa de Foix, tampouco lle tiña estima, e Xoana Enríquez, a súa madrasta, cuxa única preocupación era colocar ao seu fillo Fernando no trono de Navarra, fixo o posíbel por perdela.[10]
Antes de morrer o seu irmán o príncipe Carlos de Viana, o 23 de setembro de 1461, redactou o seu testamento no que instituíu á súa irmá Branca como herdeira, ratificando así as cláusulas do testamento da súa nai Branca I de 17 de febreiro de 1439, no cal se estipulaba que a coroa debía pasar ao maior dos fillos vivos da parella.[11]
Xoán II, que tiña a Branca prisioneira en Olite, propón á súa filla casar con Carlos, duque de Berry, irmán máis novo de Lois XI de Francia. En realidade, esta proposta de matrimonio foi un engano proxectado por Xoán II co fin de sacar de Navarra a Branca e afastala dos seus partidarios, os beaumonteses, que trataban de liberala. De todos os modos, Branca rexeitou a proposta do seu pai.[12]
O rei Xoán II, furioso pola rebeldía da súa filla, reaccionou iradamente entregándoa á súa outra filla Leonor e ao su marido, o conde Gastón IV de Foix. No traxecto da viaxe que a conducía a Bearne, señorío dos seus peores inimigos, Branca realizou unha protesta escrita polo seu secuestro (Roncesvalles, 23 de abril de 1462), na que afirmaba que a levaban en contra da súa vontade, pedía o perdón divino para o seu pai e, ante a posibilidade de que a obrigaran a testar baixo os intereses de Xoánn II e os condes de Foix, pedía que calquera testamento realizado en favor da súa irmá Leonor como herdeira (o a súa descendencia) fora considerado inválido.[10]
Uns días despois (30 de abril), en Saint-Jean-Pied-de-Port, e temendo que os que pretenden os seus dereitos lle quiten a vida, fai testamento designando como herdeiro ao seu exmarido e agora rei Henrique IV de Castela o Impotente[10] (o que suporía a unión das coroas de Navarra e Castela).
Unha vez en Bearne, Branca foi encarcerada na Torre Moncada, en Orthez, onde morreu o 2 de decembro de 1464 baixo estrañas circunstancias. Algúns historiadores indican que foi asasinada por orde da súa irmá e, outros, baixo a man do seu propio pai.[10] [13] Foi sepultada no panteón da igrexa catedral de Lescar.
En contra do disposto lexitimamente por Branca, Xoán II seguiu como rei en Navarra até a súa morte (en 1479), e foi sucedido por Leonor (que á morte de Branca fora nomeada Lugartenente xeral de Navarra).[1]
Antepasados de Branca II de Navarra
[editar | editar a fonte]16. Henrique II de Castela (= 14) | ||||||||||||||||
8. Xoán I de Castela | ||||||||||||||||
17. Xoana Manuel (= 15) | ||||||||||||||||
4. Fernando I de Aragón | ||||||||||||||||
18. Pedro IV de Aragón | ||||||||||||||||
9. Leonor de Aragón e de Sicilia | ||||||||||||||||
19. Leonor de Sicilia | ||||||||||||||||
2. Xoán II de Aragón | ||||||||||||||||
20. Afonso XI de Castela (= 28) | ||||||||||||||||
10. Sancho de Castela, 1º conde de Alburquerque | ||||||||||||||||
21. Leonor de Guzmán (= 29) | ||||||||||||||||
5. Leonor de Alburquerque | ||||||||||||||||
22. Pedro I de Portugal | ||||||||||||||||
11. Infanta Beatriz de Portugal | ||||||||||||||||
23. Inés de Castro | ||||||||||||||||
1. Branca II de Navarre | ||||||||||||||||
24. Filipe III de Navarra | ||||||||||||||||
12. Carlos II de Navarra | ||||||||||||||||
25. Xoán II de Navarra | ||||||||||||||||
6. Carlos III de Navarra | ||||||||||||||||
26. Xoán II de Francia | ||||||||||||||||
13. Xoana de Valois | ||||||||||||||||
27. Bona de Luxemburgo | ||||||||||||||||
3. Branca I de Navarra | ||||||||||||||||
28. Afonso XI de Castela (= 20) | ||||||||||||||||
14. Henrique II de Castela (= 16) | ||||||||||||||||
29. Leonor de Guzmán (= 21) | ||||||||||||||||
7. Leonor de Trastámara | ||||||||||||||||
30. Juan Manuel | ||||||||||||||||
15. Xoana Manuel (= 17) | ||||||||||||||||
31. Branca Núñez de Lara | ||||||||||||||||
Predecesor: Carlos IV de Navarra 1441 – 1461 con Xoán II 1441 - 1479 |
Branca II de Navarra Raíña de Navarra de jure 1441 - 1479 |
Sucesor: Leonor I 1464 – 1479 con Xoán II 1464 – 1479 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 Casa de Ivrea - xenealoxía Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Xoán II de Aragón en PEDIGREE (en inglés).
- ↑ Xoán II de Aragón Arquivado 09 de agosto de 2004 en Wayback Machine. xenealoxía, en mittelalter (en alemán).
- ↑ Branca I de Navarra Arquivado 13 de agosto de 2004 en Wayback Machine. xenealoxía, en mittelalter (en alemán).
- ↑ Biografías y Vidas. "Blanca I de Navarra". Consultado o 5 de outubro de 2017.
- ↑ Lacarra, José María (1975): Historia del Reino de Navarra en la Edad Media. Pamplona: Caja de Ahorros de Navarra. ISBN 84-500-7465-7.
- ↑ "Testimonio de la sentencia de divorcio entre el príncipe D. Enrique y la infanta doña Blanca", incluído na Colección de documentos inéditos para la historia de España, vol. XL, páxs. 444–450.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Blanca II na Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán).
- ↑ Blanca I de Navarra na Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán).
- ↑ Diariovasco.com: En busca de La Encontrada.
- ↑ Orpustan 2007, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Branca II de Navarra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Altamira, Rafael (2001): Historia de España y de la civilización española. 2 vols. Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 978-84-8432-257-3.
- Bouyer, Christian (1992): Dictionnaire des Reines de France, París: Librairie Académique Perrin. ISBN 2-262-00789-6.
- Herreros Lopetegui, Susana (1993): Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.
- Orpustan, Jean-Baptiste (2007): "La Basse-Navarre dans la guerre de Navarre (1512-1530)", récit historique, d’après Navarra, 1512-1530… de Pedro Esarte Muniain (2001). Pamplona-Iruña: Pamiela.
- Woodacre, Elena (2013): The Queens Regnant of Navarre: Succession, Politics, and Partnership, 1274-1512. Londres: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-33914-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blanca II de Navarra na Auñamendi Eusko Entziklopedia (en castelán).
- Blanca II de Navarra na Gran enciclopèdia catalana (en catalán).
- Infanta Doña Blanca of Navarre and Aragón, Princess of Viana, en Genealogics (en inglés).