Saltar ao contido

Galiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galliformes»)
Galiformes
Galliformes

Meleagris ocellata.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Temminck, 1820
Familias e Subfamilias
Véxase o texto

Os galiformes[1] (Galliformes), comunmente chamados galináceas,[2] constitúen unha orde de aves neognatas que conta con 283 especies.[3]

Inclúe as galiñas, pitas do monte, perdices, paspallases, faisáns, pavos, pavóns e as galiñas de Guinea, entre outras.

Características

[editar | editar a fonte]

Son principalmente aves terrestres, de tamaño variable e corpo de constitución masivo, con peteiros grosos adaptados principalmente para comeren sementes e raíces de plantas (os xuvenís tamén comen insectos), e con patas fortes. Son malas voadoras, limitándose o seu voo a planeos curtos e de escasa elevación. Habitan na maior parte dos continentes, fóra das rexións máis áridas e dos xeos perpetuos.

A maioría das especies permanecen na mesma área durante todo o ano, pero as máis pequenas, como o paspallás común, migran.

Moitas especies mostran dimorfismo sexual significativo en tamaño ou en aparencia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A ode foi descrita en 1820 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Galliformes está formado coa adición á raíz Gall-, do nome do seu xénero tipo, Gallus, a desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de aves (e de peixes).

Familias e subfamilias

[editar | editar a fonte]

Segundo as clasificacións de Clements,[3] e a de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019),[5] a orde dos galiformes clasifícase como segue:

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Relacións filoxenéticas baseadas en Hackett et al. (2008).[6]

Galliformes

Megapodiidae

Cracidae

Numididae

Odontophoridae

Phasianidae

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En: Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Mindell, David P. & Brown, Joseph W. (2005): The Tree of Life Web Project - Neornithes Arquivado 12 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.
  • Mindell, David P.; Brown, Joseph W. & Harshman, John (2005): The Tree of Life Web Project - Neoaves Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]