George Francis Hampson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1860 Marylebone, Cidade de Westminster, Gran Londres |
Morte | 15 de outubro de 1936 Maidstone, capital do Condado de Kent |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo |
Empregador | Museo de Historia Natural de Londres, Museo Británico |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Hampson |
Outro | |
Título | Baronete (pt) |
Cónxuxe | Minnie Frances Clark-Kennedy (1893–valor descoñecido) |
Fillos | Marjorie Eleanor Hampson, Sir Dennys Francis Hampson, 11th Bt., Honoria Mary Hampson |
Pai | William Seymour Hampson |
Descrito pola fonte | Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) |
Sir George Francis Hampson, 10º Baronet de Hampson, nado o 14 de xaneiro de 1860 en Marylebone, Cidade de Westminster, Gran Londres, e finado o 15 de outubro de 1936 en Maidstone, capital do Condado de Kent, foi un entomólogo inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]George Hampson era fillo de Sir William Seymour Hampson, 9º Baronet de Hampson. Despois de facer os seus estudos primarios e secundarios, estudou no Exeter College, un dos Colleges que constitúen a Universidade de Oxford.
Viaxou á India onde foi o propietario dunha plantación de té e a presidencia de Madrás (actualmente Tamil Nadu), na que se interesou polas bolboretas e as avelaíñas.
Cando regresou a Inglaterra foi un traballador voluntario no Museo de Historia Natural de Londres, onde escribiu "The Lepidoptera of the Nilgiri District" (1891) e "The Lepidoptera Heterocera of Ceylon" (1893) como as partes 8 e 9 de Illustrations of typical Specimens of Lepidoptera Heterocera of the British Museum. Posteriormente comezou a traballar en The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma: Moths (4 volumes 1892-1896).
Albert Günther ofreceulle un posto como asistente no Museo en marzo de 1895 e, despois de acadar o título de Baronet en 1896, foi ascendido a asistente principal en 1901. Máis tarde traballou no Catalogue of the Lepidoptera Phalaenae do Museo Británico (15 volumes, 1898-1920).
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Hampson emprégase para recoñecer a George Francis Hampson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Hampson casou con Minnie Frances Clark-Kennedy o 1 de xuño de 1893 e tiveron tres fillos, Marjorie Eleanor Hampson, Sir Dennys Francis Hampson, 11º Bt., e Honoria Mary Hampson.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sir George Francis Hampson, 10th Bt. en The Peerage. (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Francis Hampson |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: George Francis Hampson |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- William T. Stearn (1998): The Natural History Museum at South Kensington. ISBN 978-0-5650-9030-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de George Francis Hampson en Internet Archive.