Saltar ao contido

Gran Premio de Suecia de 1974

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Suecia de 1974
TipoGran Premio de Suecia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1974 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónScandinavian Raceway (Gislaved (municipio)) 57°15′51″N 13°36′05″L / 57.264166666667, 13.601388888889 Editar o valor en Wikidata
PaísSuecia Editar o valor en Wikidata
Data9 de xuño de 1974 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJody Scheckter Editar o valor en Wikidata
Pole positionPatrick Depailler Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaPatrick Depailler Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Suecia de 1974 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de xuño de 1974 no Scandinavian Raceway en Anderstorp, Suecia. Foi a sétima carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1974.

A carreira foi totalmente dominada polos dous Tyrrell - Cosworth 007 de Jody Scheckter e Patrick Depailler. Depailler logrou a pole position, pero Scheckter gañoulle por 0.380 segundos na carreira, para sumar a súa primeira vitoria. Esta carreira marcou a primeira vitoria dun piloto surafricano nunha carreira do Campionato do Mundo.

Resumo da carreira

[editar | editar a fonte]

Logo de Mónaco, apareceron algunhas caras novas. Brian Redman retirouse da Fórmula Un, para ser substituído por Bertil Roos, mentres que Reine Wisell fíxose cargo do March de Hans-Joachim Stuck e Leo Kinnunen fixo o seu debut.

Os dous Tyrrells de Depailler e Scheckter monopolizaron a primeira fila e dominaron a carreira. Ronnie Peterson retirouse na volta 8 cun fallo na transmisión, que pronto sería seguido de Clay Regazzoni con problemas co cambio. Niki Lauda e James Hunt tiveron un duelo magnífico durante 20 voltas antes de que Hunt o superara na volta 66 e comezara a recortar a vantaxe dos Tyrrells 2 segundos por volta. Ao final, Scheckter logrou a súa primeira vitoria nunha carreira por 0.38 seg. e Hesketh logrou un excelente podio, os seus primeiros puntos na Fórmula Un. Graham Hill gañou o seu primeiro punto no campionato desde 1972.

Vern Schuppan (Ensing-Ford), primeiro reserva, comezou ilegalmente desde o 26º posto da grella e terminou a carreira antes de ser descualificado.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 80 1:58:31.391 2 9
2 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 80 + 0.380 1 6
3 24 James Hunt Hesketh-Ford 80 + 3.325 6 4
4 5 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 80 + 53.507 9 3
5 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 80 + 1:16.403 8 2
6 26 Graham Hill Lola-Ford 79 + 1 volta 15 1
7 27 Guy Edwards Lola-Ford 79 + 1 volta 18
8 21 Dinamarca Tom Belsø Iso Marlboro-Ford 79 + 1 volta 21
9 8 Rikky von Opel Brabham-Ford 79 + 1 volta 20
10 10 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 78 Motor 17
11 28 John Watson Brabham-Ford 77 + 3 voltas 14
DSC 22 Australia Vern Schuppan Ensign-Ford 77 Descualificado 26
Ret 12 Austria Niki Lauda Ferrari 70 Caixa de cambios 3
Ret 9 Reine Wisell March-Ford 59 Suspensión 16
Ret 6 Denny Hulme McLaren-Ford 56 Suspensión 12
Ret 19 Alemaña Jochen Mass Surtees-Ford 53 Suspensión 22
Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 30 Fuga aceite 10
Ret 2 Bélxica Jacky Ickx Lotus-Ford 27 Motor 7
Ret 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 24 Caixa de cambios 4
Ret 18 Carlos Pace Surtees-Ford 15 Dirección 24
Ret 1 Ronnie Peterson Lotus-Ford 8 Palier 5
Ret 23 Finlandia Leo Kinnunen Surtees-Ford 8 Motor 25
Ret 33 Mike Hailwood McLaren-Ford 5 Fuga combustible 11
Ret 14 Francia Jean-Pierre Beltoise BRM 3 Motor 13
Ret 16 Bertil Roos Shadow-Ford 2 Caixa de cambios 23
Ret 15 Francia Henri Pescarolo BRM 0 Lume 19
NTS 20 Richard Robarts Iso Marlboro-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1974
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1974
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1974
Carreira anterior:
Gran Premio de Suecia de 1973
Gran Premio de Suecia Carreira seguinte:
Gran Premio de Suecia de 1975

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.