DGC Records
DGC Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1990 |
Fundador(es) | David Geffen |
Organización matriz | Universal Music Group |
Sede | Santa Monica |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.dgcrecords.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DGC Records é un selo discográfico estadounidense pertencente ao Universal Music Group, que na actualidade opera como selo auxiliar de Interscope Records.
Historia
[editar | editar a fonte]DGC Records (acrónimo de "David Geffen Company") apareceu en 1990 como unha subsidiaria de Geffen Records e coa distribución de Warner Bros. Records ata 1991, cando foi adquirida polo grupo MCA Music Entertainment Group. O selo creouse como resposta ao éxito que Geffen tivera con artistas hard rock que promocionaba. A pesar de que inicialmente centrouse máis no rock progresivo e no heavy metal, a medida que a década avanzaba tamén abarcaría ao emerxente rock alternativo, asinando con influentes artistas como Nirvana, Sonic Youth e Beck. O selo tamén editou os primeiros traballos da banda de hip hop The Roots.
En 1999, durante a consolidación da empresa nai de Geffen, Universal Music Group, e PolyGram, o selo DGC parou as súas operacións. Os seus artistas pasarían a gravar con Geffen Records. Nos anos seguintes, o nome DGC e o seu logo apareceron ocasionalmente en reedicións do seu pasado catálogo. No ano 2007 o selo foi reactivado como unha marca de Interscope Records, herdando a moitos dos artistas alternativos que asinaran con Interscope-Geffen-A&M. Dende a súa reactivación editou álbums de Weezer, Beck, Counting Crows e Rise Against.
Ata a data, o álbum máis vendido do catálogo de DGC é o Nevermind de Nirvana, editado en 1991, que acadou unhas vendas internacionais de 25 millóns de copias, 10 deles só nos Estados Unidos, e é un dos primeiros álbums que foron certificados diamante.