Domingo Costas Baamonde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1904 Padrón, España |
Morte | 9 de outubro de 1936 (31/32 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | tipógrafo, sindicalista |
Domingo Costas Baamonde, nado en Padrón cara a 1904 e finado en Pontevedra o 9 de outubro de 1936, foi un tipógrafo e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asentado en Pontevedra como tipógrafo, foi vocal obreiro do Comité Paritario Interlocal de Artes gráficas de Pontevedra en 1930[1] e elixírono presidente da Asociación Tipográfica de Pontevedra en 1935.[2] Vinculado ao PCE, foi elixido secretario da Sociedad Obrera de Cultura de Pontevedra en xuño de 1932,[3] participou no mitin anti-imperialista organizado polos comunistas vigueses en agosto de 1931.[4] Colaborou en ¡¡Revolución!!. Foi secretario do Congreso de Unidad Sindical celebrado en Pontevedra en novembro de 1932.[5] Foi detido en xullo de 1933 por organizar un boicot.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado o 9 de outubro.