Saltar ao contido

Demetrio Bilbatúa Zubeldia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDemetrio Bilbatúa Zubeldia
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1896 Editar o valor en Wikidata
Soraluze, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Cemiterio de Pereiró, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosDemetrio Bilbatúa Rodríguez Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio Bilbatúa Zubeldía
Luis Bilbatúa Zubeldia Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8080

Demetrio Tomás Bilbatúa Zubeldia, nado en Soraluze (Guipúscoa) o 21 de decembro de 1896 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un fotógrafo e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, foi irmán de Antonio e Luís Bilbatúa Zubeldia. Mestre nacional e presidente do Partido Socialista de Vigo. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Vigo por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado co seu irmán Antonio no Cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936. Entrementres, a súa nai e a súa irmá Margarita (nada en Xaén en 1901) emigraron a Nova York, nos Estados Unidos, en xuño de 1939 desde Boulogne-sur-Mer, a bordo do S.S. Statendam. Foi pai de Demetrio Bilbatúa Rodríguez.

  1. La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 27. VG 955-2010.