Diane Ladd
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1932 (91 anos) Meridian, Estados Unidos de América |
Educación | Harrison Central High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, escritora, actriz de teatro, directora de cinema, actriz de cinema |
Período de actividade | 1959 - |
Familia | |
Cónxuxe | Bruce Dern (1960–1969) |
Fillos | Laura Dern |
Premios | |
Páxina web | dianeladd.com |
|
Rose Diane Ladner, nada en Meridian (Mississippi) o 29 de novembro de 1935[1] é unha actriz, directora, produtora e escritora estadounidense, coñecida como Diane Ladd, que apareceu en máis de 120 filmes e series de televisión. Polo filme de 1974 Alicia xa non vive aquí gañou un premio BAFTA á mellor actriz secundaria e foi candidata ao Óscar. Gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de televisión por Alice (1980–81). É a nai da actriz Laura Dern, co seu exmarido Bruce Dern.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ladd naceu en Meridian, Mississippi, filla única de Mary Bernadette (de solteira Anderson; 1912–2002), ama de casa e actriz, e Preston Paul Ladner (1905–1982), veterinario que vendía produtos para o gando.[2][3][4] Ladd está emparentada como dramaturgo Tennessee Williams[5] e o poeta Sidney Lanier.[6] Ladd foi criada no catolicismo, fe da súa nai.[7][8]
Ladd estivo casada co actor Bruce Dern entre 1960 e 1969, co que tivo dúas fillas, Diane Elizabeth Dern, que faleceu aos dezasete meses, e a actriz Laura Dern. Ladd e Laura Dern coprotagonizaron os filmes Wild at Heart, Rambling Rose e Inland Empire, e a serie de HBO Enlightened.
En 1971, Ladd uniuse ao elenco da telenovela da CBS The Secret Storm, sendo a segunda actriz que interpretou o papel de Kitty Styles. Despois conseguiu un papel secundario no filme de Roman Polanski Chinatown, e foi candidata ao Óscar polo seu papel como Flo no filme Alicia xa non vive aquí.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Murder, Inc. (1960) como Showgirl (sen acreditar)
- Something Wild (1961) como Bit Part (sen acreditar)
- 40 Pounds of Trouble (1962) como noiva na lúa de mel (sen acreditar)
- Os anxos do inferno (1966) como Gaysh
- The Big Valley "Boy into Man" (1967) como nai de Lud
- The Reivers (1969) como Phoebe
- The Rebel Rousers (1970) como Karen
- Macho Callahan (1970) como Girl
- WUSA (1970) como camareira na estación (sen acreditar)
- The Steagle (1971) como Mrs. Forbes
- White Lightning (1973) como Maggie
- Chinatown (1974) como Ida Sessions
- Alicia xa non vive aquí (1974) como Flo
- Embryo (1976) como Martha Douglas
- All Night Long (1981) como Helen Dupler
- Grace Kelly (1983, telefilme) como Margaret Kelly
- Something Wicked This Way Comes (1983) como Mrs. Nightshade
- Sweetwater (1983) como Lucy
- Faerie Tale Theatre (1983, serie de televisión) como Mother
- I Married a Centerfold (1984, telefilme) como Jeanette Bryan
- Black Widow (1987) como Etta
- Plain Clothes (1987) como Jane Melway
- National Lampoon's Christmas Vacation (1989) como Nora
- Wild at Heart (1990) como Marietta Fortune
- A Kiss Before Dying (1991) como Mrs. Corliss
- Rambling Rose (1991) como Mother
- Hold Me, Thrill Me, Kiss Me (1992) como Lucille
- Forever (1992) como Mabel Normand
- Spies Inc. (1992) como Alice
- The Cemetery Club (1993) como Lucille Rubin
- Carnosaur (1993) como Dr. Jane Tiptree
- Father Hood (1993) como Rita
- The Gift (1994) (TV Short)
- Mother (1995) como Olivia Hendrix
- Mrs. Munck (1995) como Mrs. Munck
- Raging Angels (1995) como Sister Kate
- Citizen Ruth (1996) como Ruth's Mother (sen acreditar)
- The Siege at Ruby Ridge (1996, telefilme) como Irma Coulter
- Cold Lazarus (1996, miniserie) como Martina Masdon
- Ghosts of Mississippi (1996) como Grandma Caroline Moore
- James Dean: Race with Destiny (1997) como Mama Pierangeli
- Primary Colors (1998) como Mamma Stanton
- Route 66 (1998)
- Can't Be Heaven (1999) como Nona Gina
- 28 Days (2000) como Bobbie Jean
- The Law of Enclosures (2000) como Bea
- Daddy and Them (2001) como Jewel
- Rain (2001) como Audrey Turnquick
- Redemption of the Ghost (2002) como Aunt Helen
- More than Puppy Love (2002) como Aunt Edna
- Damaged Care (2002, telefilme) como Mary 'Rhodie' Rhodes
- The Virgin (2002)
- Charlie's War (2003) como Jobie
- Gracie's Choice (2004, telefilme) como Louela Lawson
- The World's Fastest Indian (2005) como Ada
- Come Early Morning (2006) como Nana
- When I Find the Ocean (2006) como Edna
- Inland Empire (2006) como Marilyn Levens
- Jake's Corner (2008) como Fran
- American Cowslip (2008) como Roe
- Grave Secrets (2013) como Emily Barnes
- Just Before I Go (2014) como Mamma (sen acreditar)
- I Dream Too Much (2015) como Vera
- Joy (2015) como Mimi
- Sophie and the Rising Sun (2016) como Ruth Jeffers
- Amerigeddon (2016) como Betty
- Boonville Redemption (2016) como Grandma Mary
- Chesapeake Shores (2016-2017, serie de televisión) como Nell O'Brien
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Ano | Obra | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
1974 | Alicia xa non vive aquí | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria | Nomeado |
Óscar á mellor actriz secundaria | Nomeado | ||
1975 | BAFTA á mellor actriz secundaria | Gañador | |
1980 | Alice | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria de televisión | Gañador |
1990 | Wild at Heart | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria | Nomeado |
Óscar á mellor actriz secundaria | Nomeado | ||
1991 | Rambling Rose | Globo de Ouro á mellor actriz secundaria | Nomeado |
Óscar á mellor actriz secundaria | Nomeado | ||
1993 | Dr. Quinn: Medicine Woman | Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama | Nomeado |
1994 | Grace Under Fire | Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de comedia | Nomeado |
1997 | Touched by an Angel | Primetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama | Nomeado |
Paseo da fama de Hollywood
[editar | editar a fonte]O 1 de novembro de 2010 Ladd, Laura Dern e Bruce Dern recibiron estrelas contiguas no Paseo da fama de Hollywood. Foi a primeira familia en recibir esta consideración. A estrela de Ladd e a 2421.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ano de nacemento segundo California Divorce Index, 1966–1984. Center for Health Statistics, California Department of Health Services, Sacramento, California at Ancestry.com
- ↑ Diane Ladd Yahoo! Movies bio Arquivado 14 de agosto de 2007 en Wayback Machine.. Movies.yahoo.com; consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ 05-31-02obituaries Arquivado 07 de setembro de 2012 en Archive.is. Ojaivalleynews.com; consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ Profile Arquivado 29 de maio de 2016 en Wayback Machine., lifeafter50.coml consultado o 9 de maio de 2014.
- ↑ ''St. Louis Post-Dispatch'' archives. Nl.newsbank.com (19 de febreiro de 1993); consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ RIDING THE CREST OF TWO WIDELY PRAISED PERFORM. Press-Telegram (Long Beach, CA). 20 de setembro de 1991.
- ↑ "Profile". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007., pbs.org, 10 de xullo de 2006.
- ↑ Hoge, Warren. (23 de setembro de 1976) "Diane Ladd Savors 'Top of World'", Select.nytimes.com; consultado o 31 de xullo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diane Ladd |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en Allmovie.com; consultado o 9 de maio de 2014.
- Biografía (con ano de nacemento erróneo), alicehyatt.com; consultado o 9 de maio de 2014.