Dioscórides
Nome orixinal | (grc) Πεδάνιος Διοσκουρίδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 ↔ 40 Anazarbo, Turquía |
Morte | c. 90 (49/50 anos) |
Actividade | |
Ocupación | médico, farmacéutico, botánico, farmacólogo |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Pedanio Dioscórides (en latín Pedanius Dioscorides, en grego antigo Πεδάνιος Διοσκορίδης Pedánios Dioskorídēs), naceu contra o ano 40 en Anazarbo, Cilicia, Asia Menor e morreu contra o ano 90.
Foi un médico, farmacólogo e botánico grego, cuxa obra De Materia Medica alcanzou unha ampla difusión, converténdose no principal manual de farmacopea durante toda a Idade Media e o Renacemento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe da súa vida. Practicou a medicina en Roma na época dos emperadores Claudio I e Nerón. Segundo a propia testemuña que figura na carta que serve de prólogo á súa obra, foi cirurxián militar no exército romano, co que tivo a oportunidade de viaxar en busca de substancias medicinais por todo o mundo coñecido.[1]
A súa obra: De Materia Medica
[editar | editar a fonte]Entre os anos 50 e 70[2] Dioscórides escribiu, en cinco volumes, a súa magna obra Περὶ ὕλης ἰατρικῆς Perì hýles iatrikês (en galego: Sobre a materia da medicina) máis coñecida posteriormente polo nome da súa tradución latina De Materia Medica, precursora da moderna farmacopea.[3]
No texto describe unhas 600 plantas medicinais, incluíndo a mandrágora, uns 90 minerais e ao redor de 30 substancias de orixe animal.[4] A diferenza doutras obras clásicas, este libro tivo unha enorme difusión na Idade Media tanto no seu orixinal grego como en outras linguas, tales como o latín e o árabe.[5]
O códice máis antigo que se conserva da obra data de comezos do século VI, e foi copiado para uso da patricia romana Anicia Juliana, filla do emperador Anicio Olibrio. Este manuscrito ten un total de 491 folios, e case 400 ilustracións a páxina completa. En 1569 foi adquirido polo emperador Maximiliano I, conservándose na Biblioteca Nacional de Austria (Österreichische Nationalbibliothek). É coñecido como Codex Vindobonensis Med. Gr. 1. (Vindobona é o nome latino de Viena) ou, simplemente, como o "Dioscórides de Viena".[6]
A obra foi traducida por primeira vez ao árabe no século IX, no Bagdad abasí. No século seguinte, o emperador bizantino Constantino Porfiroxéneta enviou o libro como presente ao califa cordobés Abderramán III un exemplar en grego, que foi traducido ao árabe por un monxe chamado Nicolás, coa axuda do xudeu Hasdai ibn Shaprut.[7]
Imprimiuse por primeira vez, en latín, en 1478, en Colle (Toscana) por Pedro Paduano. A primeira edición ibérica de Dioscórides foi a castelá de Andrés Laguna (1511 - 1559), feita a partir da de Jean de Ruelle, titulada Pedacio Dioscorides... Materia medicinal (Anveres, 1555).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Borzelleca, Joseph F. e Lane, Richard W. "The Art, the Science, and the Seduction of Toxicology: an Evolutionary Development". En Hayes, Andrew Wallace (2001): Principles and Methods of Toxicology. 4th ed. Philadelphia : Taylor & Francis. ISBN 1-56032-814-2.
- ↑ Forbes, Andrew; Henley, Daniel e Henley, David (2013): "Pedanius Dioscorides" en Health and Well Being: A Medieval Guide. Chiang Mai: Cognoscenti Books.
- ↑ Greek Medicine. Dioscorides: Early Pharmacology National Institutes of Health, USA. 16 September 2002. (en inglés) Consultada o 15/07/13.
- ↑ Krebs, Robert E. e Krebs, Carolyn A. (2003): Groundbreaking Scientific Experiments, Inventions, and Discoveries of the Ancient World. Greenwood Publishing Group. pp. 75-76.
- ↑ Algúns detalles sobre manuscritos meievais de De Materia Medica en Ibidis press Arquivado 24 de setembro de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ Selin, Helaine (2008): Encyclopaedia of the History of Science, Technology, and Medicine in Non-Western Cultures. Springer. p. 1077.
- ↑ García Sánchez, Expiración, ed.(1990): Ciencias de la naturaleza en al-Andalus: textos y estudios. I, Volume 1 Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07027-5.
- ↑ Dubler, César E. (1952/59): La 'Materia Medica' de Dioscórides. Transmisión medieval y renacentista. 6 vols. Barcelona.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dioscórides |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dioscórides / Pseudo Dioscórides (1998): Plantas y remedios medicinales. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos ISBN 978-84-249-1957-3
- Volumen I: Libros I-III ISBN 978-84-249-1958-0
- Volumen II: Libros IV-V ISBN 978-84-249-1959-7
- Dubler, César E. (1952/59: La 'Materia Medica' de Dioscórides. Transmisión medieval y renacentista. 6 vols. Barcelona.
- Font Quer, P. (2001): Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Barcelona: Adiciones Península. 3ª ed. (A primeira edición é do ano 1961. Barcelona: Editorial Labor.)
- Pedacio Dioscórides Anazarbeo (1555): Acerca de la materia medicinal y de los venenos mortiferos. Edición dixitalizada. Biblioteca Digital Hispánica. Identificador dixital [1] Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.
- Riddle, J. M. (1985): Dioscorides on Pharmacy and Medicine. Austin: University of Texas Press.
- Riddle, J. M.: Dictionary of Scientific Biography. Vol. 4, páxs. 119-123.