Edema
Aparencia
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O edema ou hídrops refírese a unha acumulación anormal de líquido no compartimento extracelular intersticial ou nas cavidades corporais por mor do aumento da presión hidrostática, diminuición da presión coloidosmótica, aumento da permeabilidade vascular (inflamación) e diminución da drenaxe linfática. Está constituído dunha solución acuosa de sales e proteínas do plasma e a súa composición varía conforme a causa do edema. Cando o líquido se acumula no corpo enteiro denomínase edema xeneralizado ou anasarca. O edema na cavidade abdominal denomínase ascite.
Causas
[editar | editar a fonte]Seis factores poden contribuír á formación do edema:
- Aumento de presión hidrostática;
- Redución da presión oncótica (presión por osmose xerada polas proteínas do plasma) dentro dos vasos sanguíneos;
- Aumento da presión oncótica) nos tecidos;
- Aumento da permeabilidade da parede do vaso sanguíneo (por exemplo durante unha inflamación);
- Obstrución da depuración de fluídos polo sistema linfático;
- Mudanzas na auga de retención dos tecidos propiamente ditos;
- Retención de auga e sodio polo ril.
Doenzas
[editar | editar a fonte]Pode ser causado, entre outros motivos, por doenzas:
- Cardíacas como a insuficiencia cardíaca;
- Hepáticas como a cirrose;
- Circulatorias como hipovolemia;
- Linfáticas como obstrución do fluxo do sistema linfático;
- Urinarias como insuficiencia renal;
- Endócrinas como hipotiroidismo ou;
- Sistémicas como desnutrición proteica grave.
Drogas
[editar | editar a fonte]Poden ser causados por algúns tipos de:
Outras
[editar | editar a fonte]Existen aínda outras causas[1]: