Etusa
Aparencia
Etusa era a filla de Poseidón e da pléiade Alcíone. Ademais de Etusa tiveron outros dous fillos, Hirieo e Hiperénor.
Casou con Apolo, con quen tivo un fillo, Eleuter.
"De Atlante e Pléione, filla de Océano, naceron en Cilene de Arcadia sete fillas, chamadas Pléiades: Alcíone, Mérope, Celeno, Electra, Estérope, Táixete e Maia... Posidón uniuse con dúas, primeiro con Celeno... e en segundo lugar con Alcíone, quen deu a luz unha filla, Etusa, que foi nai por Apolo de Eleuter".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 10, 1)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pseudo-Apolodoro (2016). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)