Extinción dos dinosauros
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Extinción K-T Extinción masiva de fauna no límite das eras cretácea-cenozoica, incluíndo a de todos os dinosaurios non aviarios | |
---|---|
Recreación artística que representa o impacto do meteorito postulado polo xeólogo Walter Alvarez e seu pai, o físico Luis Alvarez, que iniciou a extinción K-T. | |
Tipo | Evento xeolóxico e biolóxico |
Campo de traballo | Paleontoloxía, Xeoloxía, Bioloxía |
Nomeado en referencia a | Estratos Cretácicos e Terciarios |
Persoas relacionadas | Luis Walter Alvarez, Walter Alvarez (descubridores da capa de iridio que suxire un impacto de asteroide) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A extinción masiva do Cretáceo-Terciario, tamén coñecida como extinción K-T ou acontecemento K-T, foi unha extinción en masa ocorrida hai máis ou menos 65,5 millóns de anos, que marca o fin do período Cretáceo (K) e o inicio da era Terciaria (T). Este acontecemento tivo un enorme impacto na biodiversidade da Terra de entón e acabou cos dinosauros e outros réptiles xigantes. O rexistro estratigráfico mostra que a desaparición abrupta das formas extintas coincide cun nivel rico en iridio (o nivel K-T), un elemento químico pouco abundante na Terra e xeralmente asociado a corpos extraterrestres ou a fenómenos volcánicos. Hai varias teorías para explicar a extinción K-T, mais a máis aceptada é a que xustifica a catástrofe como resultado da caída dun asteroide.
Impacto na biodiversidade
[editar | editar a fonte]A extinción K-T, a pesar de non ser a maior extinción en masa do rexistro xeolóxico, é a máis coñecida debido á desaparición dos dinosauros. Este evento matou preto do 26% das familias existentes, tanto de organismos terrestres como mariños que desapareceron ao mesmo tempo. Os grupos máis afectados foron os réptiles e os moluscos. Segue unha lista dos grupos que se extinguiron no final do Cretáceo:
- Dinosauros: foron as vítimas máis coñecidas desta extinción; todo o grupo desapareceu da Terra.
- Plesiosauros: réptiles prehistóricos mariños; grupo eliminado;
- Pterosauros: réptiles prehistóricos voadores; grupo eliminado;
- Mosasauros: réptiles escamados mariños; grupo eliminado;
- Aves: extintas as ordes Enantiornithes e Hesperornithiformes; o grupo sobrevive ata o día de hoxe como os únicos descendentes directos dos dinosauros. Mentres a longa escala de evolución que ocorreu nos últimos millóns de anos borrou a maior parte das semellanzas que deberían existir entre as aves actuais e os dinosauros;
- Rudistas: moluscos bivalvos construtores de arrecifes; grupo eliminado;
- Ammonitas: cefalópodos de concha espiralada; grupo desaparecido;
- Belemnitas: cefalópodos con rostrum en forma de bala; grupo desaparecido.
Ademais destes grupos, desapareceron tamén moitas familias de foraminíferos, equinodermos, corais e esponxas. Mais a extinción de animais e vexetais non foi o único impacto deste acontecemento na biodiversidade: estas extincións posibilitaron a radiación adaptativa dos grupos que sobreviviron nos nichos ecolóxicos que ficaron baldeiros. O mellor exemplo deste fenómeno foi a explosión de diversidade dos mamíferos, que ata entón eran animais de pequeno porte, solitarios e nocturnos.
Teorías
[editar | editar a fonte]Existen moitas teorías que tentan explicar a extinción ocorrida hai máis ou menos 65 millóns de anos, mais ningunha foi, ata hoxe, totalmente comprobada.
Impacto dun asteroide
[editar | editar a fonte]O físico estadounidense Luis Walter Alvarez foi o primeiro en propor a idea de que os dinosauros puideron desaparecer debido a un grande impacto. Esa idea evolucionou e actualmente a hipótese de que un asteroide teña caído na Terra despunta como a mellor teoría para explicar a fin dos dinosauros. O primeiro indicativo de que esa teoría sería verdadeira xurdiu en 1978 coa descuberta dunha fina capa de iridio nas rochas que se formaron no fin do período Cretáceo. O iridio é un elemento raro atopado con frecuencia en asteroides e cometas. O segundo indicativo a favor desa teoría veu coa descuberta dun enorme cráter soterrado en Chicxulub, México, medindo preto de 180 km de diámetro. Ao que todo indica, o asteroide que caeu no México tiña máis de 10 km de diámetro e o seu impacto coa Terra liberou enerxía equivalente á de 5 billóns de bombas atómicas como a usada sobre Hiroshima en 1945. Un impacto desas dimensións tería erguido poeira e terra suficientes para tapar a luz do Sol durante anos, matando así a maior parte das especies vexetais. Dunha forma simplificada, sen os vexetais os dinosauros herbívoros acabaron morrendo de fame e sen estes para se alimentar, os carnívoros morreron tamén. Esa reacción en cadea tería causado a extinción total dos dinosauros. En 2016 comezáronse prospeccións submarinas para coñecer mellor o cráter e o seu impacto na historia da evolución do planeta[1]
Aínda que bastante consistente, a teoría da caída dun asteroide na Terra hai 65 millóns de anos pode non ser correcta: recentes investigacións demostraron que o asteroide que presuntamente tería matado os dinosauros caeu 300 mil anos antes do grande exterminio.
Tamén existe a posibilidade de que millares de anos despois da caída do asteroide en América do Norte outro asteroide tería chocado co planeta, mais desa vez o impacto tería sido no océano e, por iso, os seus vestixios aínda non foron atopados. Dependendo do tamaño dese suposto segundo asteroide, o impacto no océano tería causado inmensos tsunamis que terían varrido a costa de varios continentes e concluído co exterminio dos dinosauros. En 1987 atopouse un cráter submarino coñecido como cráter da Nova Escocia, e que a pesar de ser improbable que teña sido responsable da morte dos dinosauros, dá aos científicos unha boa idea do que tería realmente acontecido hai 65,5 millóns de anos.
Caída dun cometa (non dun asteroide)
[editar | editar a fonte]Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Se o que matou os dinosauros foi unha rocha vinda do espazo, iso non significa que teña sido un asteroide pesado e masivo. Na verdade, pode ter sido unha mega-choiva de cometas. Esa posibilidade deriva da ausencia dun cráter dun impacto no exacto momento en que os dinosauros terían sido extintos. De feito, os cráteres xa atopados están datados de moitos millares de anos antes ou despois da extinción dos dinosauros, o que leva a crer que o que os matou non formou un cráter. Se foi un cometa e non un asteroide, existe unha gran posibilidade de que este estoupase violentamente na atmosfera antes de tocar no chan. Esa explosión é suficiente para causar un grande estrago, dependendo directamente do tamaño e da composición do cometa. Porén, ese tipo de fenómeno é moi raro. A última vez que iso aconteceu foi en 1908, cando 18 km de foresta foron destruídas en Siberia, no que ficou coñecido como Evento de Tunguska.
Se un cometa só é capaz de destruír un bosque enteiro, é probable que unha inmensa choiva deses cometas fose capaz de varrer o mundo enteiro, causando unha devastación equivalente a aquela que matou os dinosauros. A presenza de iridio nas rochas do fin do Cretáceo é facilmente explicada por esa teoría. Xorde, entón, a cuestión da causa de tal choiva de cometas e de onde viñeron eses obxectos, xa que os grandes cometas son relativamente raros e solitarios no Sistema Solar. En todo o espazo arredor do Sol, unha tal concentración de cometas ocorre apenas na Nube de Oort - unha rexión moi afastada do Sistema Solar e con pouca interacción coa gravidade da nosa estrela ou dos demais planetas coñecidos. Ningún fenómeno coñecido actualmente podería ter arremesado* tantos millóns de cometas da Nube de Oort contra a Terra. Ese feito, non obstante, pode explicarse por tres teorías menores:
- O Sol pode ter unha escura e pequena estrela compañeira que aínda non detectamos, chamada Némesis, que o circunda nun período de moitos millóns de anos. Nalgún momento, ao longo da súa órbita, a estrela pasaría pola Nube de Oort enviando billóns de cometas ao Sistema Solar, moitos millóns dos cales acabarían atinxindo a Terra. Mais, é moi improbable que o Sol teña unha estrela compañeira aínda non detectada, por máis escura e pequena que sexa. Existindo, algún vestixio dela xa debería ter sido atopado.
- Outra posibilidade semellante é a existencia dun gran planeta moi distante e aínda non detectado, denominado Planeta X, cuxa órbita variante podería pasar por baixo ou por cima da Nube de Oort cada moitos millares de anos. Nalgún momento das súas variacións na órbita, el podería atravesar a Nube de Oort, cos mesmos efectos. A existencia dese planeta, entrementres, aínda non foi comprobada.
- A hipótese máis probable é a de que aparezan cometas en inmensa cantidade no Sistema Solar cando o Sol, no seu percurso ondulante arredor do centro galáctico, atravesa a mediana da Vía Láctea, a rexión que marca a liña recta en relación ao centro. Iso ocorre cada 33 millóns de anos e pode traer problemas. Segundo os científicos, o mediano está cheo de estrelas, asteroides, cometas e po interestelar.
O maior problema desta teoría é que non existen probas concretas destes acontecementos, e moito menos se sabe se eles serían suficientes para exterminar tantas especies diferentes.
Erupcións volcánicas
[editar | editar a fonte]Unha outra teoría consistente é a de que grandes erupcións volcánicas teñan ocorrido hai 65 millóns de anos e teñan durado millares de anos. Nese tempo, mares de lava basáltica terían sido expelidos a través da codia terrestre na faixa de terra que forma hoxe o planalto de Deccan, no centro da India. As erupcións terían liberado gases e poeira suficientes para envelenar toda a atmosfera, impedindo que a luz do Sol alcanzase a superficie do planeta. Esa catástrofe natural tería causado un estrago semellante ao dun asteroide, sendo que a extinción das especies ocorrería na mesma orde da cadea trófica: primeiro, morren os vexetais, que sen a luz do Sol non conseguen realizar a fotosíntese; logo, os dinosauros herbívoros que se alimentaban dos vexetais e, en consecuencia, os dinosauros carnívoros que se alimentaban dos dinosauros herbívoros.
Esa teoría tamén é froito da descuberta de iridio en rochas da fin do período Cretáceo xa que no interior da Terra o iridio está presente en pequenas cantidades e normalmente non sobe á superficie a menos que haxa erupcións volcánicas.
Alteracións climáticas
[editar | editar a fonte]Outra teoría diverxente propón violentas mudanzas no clima, durante as cales houbo unha caída acentuada na temperatura global, terían causado a inundación de longas áreas de terra e a morte súbita de especies vexetais sensibles a esas mudanzas climáticas. Con estas inundacións, centos de especies tiveron que migrar para novas áreas que, probabelmente, non comportaban condicións para a súa supervivencia. Moitos dinosauros nin sequera puideron migrar, pois os campos onde vivían foron asolagados por completo, por todos os lados. A maior parte da vida vexetal foi gravemente afectada, levando aos dinosauros que conseguiron escapar das áreas inundadas a morrer por falta de comida.
Esa teoría xeneraliza de máis os aspectos da extinción K-T e por iso non ten sido moi aceptada. Non se pode comprobar que tantas especies vexetais morrerían debido a unha mudanza no clima e, mesmo que a maioría morrese, considérase que algunhas especies poderían sobrevivir e continuar servindo de alimento para algúns dinosauros herbívoros que non terían morto coas alteracións no clima, xa que moitos vivían en rexións altas que non foron asolagadas. Outro feito importante é que moitos dinosauros eran grandes dabondo para se protexer do frío e ata mesmo da calor, se for o caso.
Dúas catástrofes distintas
[editar | editar a fonte]A descuberta de que a extinción dos dinosauros tería ocorrido millares de anos despois da caída do asteroide obrigou, con todo, a reconsiderar todas as teorías alternativas anteriormente propostas.
Xorde entón unha nova hipótese, actualmente moito máis aceptada que as demais, segundo a cal o asteroide non tería, só por si, levado á desaparición dos dinosauros, mais tería actuado en conxugación con outro fenómeno distinto, cuxa acción manifestouse apenas millares de anos máis tarde. De feito, é moi probable que logo da caída do asteroide, as alteracións climáticas significativas que se terían verificado teñan concorrido para a extinción das restantes especies animais e vexetais. Esta "nova" hipótese explicativa corresponde de feito á "unión" doutras dúas teorías preexistentes.
Outras teorías
[editar | editar a fonte]De entre as teorías que non acusan fenómenos naturais como unha causa para a fin dos dinosauros, a máis probable é a de que pequenos mamíferos omnívoros xurdiron no fin do período Cretáceo e proliferaron axiña, como unha praga. Tales mamíferos alimentaríanse de ovos de dinosauro, vexetais, froitas e pequenos lagartos. Á medida que eses pequenos animais ían proliferando e comendo máis ovos e máis vexetais, o crecemento da súa poboación aceleraba, comezando unha devastación sen precedentes. Se iso de feito ocorreu, a multiplicación desa especie tería que ter sido suficientemente rápida para suplir calquera forma de defensa evolutiva dos dinosauros ou dos vexetais da fin do Cretáceo. Eses pequenos mamíferos terían consumido bosques e especies enteiras de vexetais quitándolle aos dinosauros herbívoros boa parte do seu alimento. Como eran omnívoros, ao comeren pequenos animais e ovos de dinosauro, terían terminado por exterminar boa parte das formas de vida daquela época.
Esa teoría non foi moi asimilada porque algúns continentes estaban separados por océanos. Non había, con todo, medio de atravesaren o mar para proliferar por todas as rexións do globo, a non ser que voasen, mais nese caso terían que ser aves e non mamíferos. Outro detalle importante é que non se atoparon esqueletos fósiles destes animais. Mesmo que fosen moi pequenos para que os seus ósos resistisen ata hoxe, xa terían sido atopados vestixios. As especies de mamíferos daquel tempo que xa se coñecen non terían capacidade para exterminar os dinosauros.
Outra teoría menos probable que as anteriores propón que unha estrela próxima tería estoupado e liberado feixes mortais de raios-X que terían atinxido a Terra. Só que esa teoría ten un problema: se feixes de raio-X atinxisen o planeta nesa proporción non teríamos "só" 2/3 da vida na Terra extinta senón moito máis, quizais 3/4 ou 4/5. Ademais, durante décadas de investigacións espaciais non se atoparon vestixios de tal estrela.
Teorías obsoletas
[editar | editar a fonte]Outras cinco teorías moi estudadas hai décadas son actualmente consideradas obsoletas:
- Unha teoría suxire que a evolución dos dinosauros acabou "producindo" criaturas desaxeitadas de máis e moi vulnerables aos perigos do medio. Esa teoría ten como base o xurdimento de dinosauros con cabezas enormes e golas no pescozo no fin do período Cretáceo. Mentres, os científicos probaron que esas características tiñan a súa utilidade, non tornando o dinosauro máis vulnerable aos perigos. O Tyrannosaurus rex, por exemplo, posuía unha cabeza enorme, o que acaso lle dificultase a locomoción, mais iso permitía que engolise grandes cantidades de carne dunha soa vez e matase as súas vítimas dunha soa roída.
- A última das teorías consideradas obsoletas podería ata ser tida por verdadeira se os continentes non estivesen separados por océanos: proponse que unha epidemia mundial extinguiu todas as especies de dinosauros. É pouco probable que unha soa doenza matase tantas especies diferentes. De feito, se houbo unha epidemia que matou todos os Tricerátops non significa que afectara tamén os paquicefalosauros ou outros. De calquera forma, esa teoría non explicaría a desaparición conxunta de especies vexetais e outros animais. Alén diso, para se espallar por todo o mundo, o virus ou a bacteria causantes da doenza precisaría atravesar o océano para poder infectar máis animais, o que sería extremadamente difícil de acontecer.
Ficción científica e cinema
[editar | editar a fonte]O cinema e a ficción científica interesáronse desde sempre por temas de difícil explicación. No caso da extinción ocorrida no fin do Cretáceo, podemos referir filmes como Armageddon e Deep Impact que presentan como certa a teoría da caída dun asteroide, a máis probable de todas, como vimos anteriormente.
Hai incluso algúns filmes de fantasía que fan referencia ao fin dos dinosauros. Un bo exemplo diso é o filme Reino de Fogo, que conta a historia dunha especie de dragón prehistórico que teríase multiplicado por millóns no fin do Cretáceo, queimando forestas e continentes enteiros en busca de alimento. Cando, finalmente, as especies animais e vexetais se extinguiron, os dragóns ficaron sen alimento dispoñible, pasando a comérense uns aos outros ata que uns poucos restantes adormeceron en cavernas subterráneas en que permaneceron ata hoxe. O filme propón tamén que as cinzas provenientes desa devastación tivesen causado a era glacial e que moitos pobos antigos transformaron os dragóns en mitos e lendas por non saber explicar a face real da súa existencia. O filme non propón, de feito, unha teoría (nin esa é a función dun filme de ficción), ata porque a existencia de dragóns na prehistoria continúa sendo ficción, mais a posibilidade de que unha especie aínda descoñecida puidese ter exterminado boa parte da vida na Terra hai 65 millóns de anos atrás é unha teoría relativamente consistente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pablo de Llano (13 de abril de 2016). "Arranca la búsqueda submarina de los secretos del impacto que aniquiló a los dinosaurios". El País (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Extinción de especies
- Extinción do Permiano-Triásico
- Extinción do Triásico-Xurásico
- Extinción masiva do Holoceno