Saltar ao contido

Kepler-90

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kepler-90

Comparación do sistema planetario Kepler-90 co do sistema solar interno (14-12-2017).
Data de observación
Época 2000      Equinoccio 2000
Constelación Draco
Ascensión recta 18h 57m 44.038s[1]
Declinación +49° 18′ 18.58″[1]
Magnitude aparente (V) 14.0[2]
Características
Tipo espectral G0 V
Astrometría
Distancia2545[3] al
(780[3] pc)
Magnitude absoluta (MV)ca 4.3
Detalles
Masa1.2 ± 0.1[3] M
Raio1.2 ± 0.1[3] R
Gravidade superficial (log g)4.4[3]
Temperatura6080 (+260 -170)[3] K
Metalicidade [Fe/H]−0.12 ± 0.18[3] dex
Velocidade rotacional (v sin i)4.6 ± 2.1[3] km/s
Idade~2 Ga
Outras denominacións
KIC 11442793, KOI-351
Referencias en bases de datos
SIMBADdatos
Enciclopedia de planetas
extrasolares
datos
KICdatos

Kepler-90 é unha estrela na secuencia principal tipo-G, está situada a unha distancia aproximada de 2.545 anos luz (780 pc) respecto da Terra, na constelación de Draco. É moi coñecida por ter un sistema planetario co mesmo número de planetasSistema Solar.

O 14 de decembro do 2017, a NASA e Google anunciaron o descubrimento dun oitavo planeta, Kepler-90i, no sistema planetario de Kepler-90, este descubrimento foi feito usando un novo método de aprendizaxe automático desenrolado por Google.[4][5][6]

Nomenclatura e historia

[editar | editar a fonte]

Antes das observacións do Kepler, Kepler-90 dispoñía do número de catálogo 2MASS J18574403+4918185. Tiña a designación de KIC 11442793 no Kepler Input Catalog (Catálogo de entrada do Kepler) e recibiu o número KOI-351 coma obxecto de interese do Kepler, cando se soubo que a estrela era candidata a ter un sistema planetario.

A compañeira planetaria da estrela foi descuberta pola Kepler Mission da NASA, unha misión encargada do descubrimento de planetas en tránsito ó redor das súas estrelas. O método de tránsito que utiliza o Kepler implica a detección de baixóns no brillo das estrelas. Estas baixadas de brillo poden interpretarse como planetas cunhas órbitas se moven por diante das súas estrelas dende a perspectiva da Terra. O nome Kepler-90 derívase directamente do feito de que a estrela foi a estrela número 90 en ser descuberta polo Kepler e onde se confirmou a existencia de planetas.

A designación b , c , d , e , f , g , h e i deriva da orde de descubrimento. A designación de b é dada ó primeiro planeta en órbita dunha estrela determinada, seguido das outras minúsculas do alfabeto.[7] No caso de Kepler-90, foron descubertos oito planetas, polo cal úsanse designacións iguais ou superiores a i.

Características estelares

[editar | editar a fonte]

Kepler-90 é unha estrela tipo-G que ten aproximadamente un 120% da masa e o raio do Sol. Ten unha temperatura superficial de 6080 K, e unha idade estimada de ó redor de 2.000 millóns de anos. En comparación, o Sol ten uns 4.600 millóns de anos[8] e ten unha temperatura superficial de 5.778 K.[9]

A magnitude aparente da estrela, ou o brillante que aparece dende a perspectiva da Terra, é de 14. Polo tanto, é moi débil para ser vista a simple vista.

Sistema planetario

[editar | editar a fonte]

Kepler-90 é notable pola similitude da configuración do seu sistema planetario co do Sistema Solar, onde os planetas rochosos están máis preto da estrela e os xigantes gasosos máis lonxe. Os seis planetas internos son super-Terras ou mini-Neptunos debido ó seu tamaño. Dous dos planetas exteriores son xigantes gasosos. O penúltimo planeta coñecido orbita a súa estrela anfitrioa a aproximadamente a mesma distancia cá Terra respecto do Sol. O planeta máis afastado aínda ten que ser completamente investigado.

Kepler-90 foi usado para probar o método de confirmación "validación por multiplicidade" para os planetas investigados polo telescopio Kepler. Seis planetas internos cumpriron tódolos requisitos para a confirmación. O penúltimo planeta mostra variacións temporais de tránsito, indicando que tamén é un planeta real.[10]

O sistema planetario de Kepler-90 é o único sistema candidato a oito planetas observado polo Kepler, e o segundo (con oito planetas) en ser descuberto despois do Sistema Solar. Tamén foi o único sistema candidato a sete planetas observado polo Kepler antes de que se lle descubrise un oitavo planeta no 2017 e un dos dous sistemas con sete planetas ou máis, xunto con TRAPPIST-1. Ademais, os seis planetas internos varían de tamaño, van dende o tamaño da Terra ata un pouco máis pequenos cá Neptuno, os dous planetas exteriores son do tamaño dos xigantes gasosos do noso Sistema Solar. Tódolos oito candidatos coñecidos do planeta orbitan dentro dunha UA respecto da súa estrela nai, Kepler-90. A proba de estabilidade de Hill e unha integración orbital do sistema amosan que é estable.[11]

Os cinco exoplanetas máis internos, Kepler-90b, c, i, d e e, poderían estar ancorados orbitalmente, o que significaría que un lado dos exoplanetas enfrontaríase permanentemente cara a súa estrela, quedando ese lado exposto a un día eterno, mentres có lado contrario quedaría mirando cara a unha noite eterna.

O sistema Kepler-90 [4][12][13]
Compañeiro
(en orde dende a estrela)
Masa Raio Semieixo maior
(UA)
Período orbital
(días)
Inclinación Excentricidade
b ? 1.31 R 0.074 ± 0.016 7.008151 89.4° ?
c ? 1.18 R 0.089 ± 0.012 8.719375 89.68° ?
i ? 1.32 R ? 14.44912 89.2° ?
d ? 2.88 R 0.32 ± 0.05 59.73667 89.71° ?
e ? 2.67 R 0.42 ± 0.06 91.93913 89.79° ?
f ? 2.89 R 0.48 ± 0.09 124.9144 89.77° 0.01
g <0.8 Mx 8.13 R 0.71 ± 0.08 210.60697 89.8° ?
h <1.2 Mx 11.32 R 1.01 ± 0.11 331.60059 89.6° ?

Quasi-resonancias

[editar | editar a fonte]

Até o momento descubríronse oito planetas no sistema planetario de Kepler-90, os cales teñen períodos que están preto de ter relacións orbitais en proporcións de enteiros cos períodos doutros planetas; é dicir, están preto de estar en resonancia orbital con outros planetas do seu sistema planetario. As taxas dos períodos entre b:c, c:i e i:d son aproximadamente de 4:5, 3:5 e 1:4, respectivamente (4:4.977, 3:4.97 e 1:4.13) e d, e, f, g e h están preto dunha relación orbital de 2:3:4:7:11 (2:3.078:4.182:7.051:11.102; e tamén 7:11.021).[4][10] f, g e h están moi próximos a unha relación de 3:5:8 (3:5.058:7.964).[14] É relevante para sistemas como este e Kepler-36, que os cálculos suxiran que a presenza dun planeta xigante gasoso exterior facilita a formación de resonancias moi axustadas entre as super-terras interiores.[15]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Cutri, R. M. (2003). "2MASS All-Sky Catalog of Point Sources". VizieR On-line Data Catalog. Bibcode:2003yCat.2246....0C. 
  2. "Planet Kepler-90 b". Extrasolar Planets Encyclopaedia. Arquivado dende o orixinal o 12-04-2018. Consultado o 26-04-2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Kepler-90". NASA Exoplanet Archive. Consultado o 16-07-2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Shallue, Christopher J.; Vanderburg, Andrew (16-12-2017). "Identifying Exoplanets With Deep Learning: A Five Planet Resonant Chain Around Kepler-80 And An Eighth Planet Around Kepler-90" (PDF pre-impresión). Consultado o 14-12-2017 – vía Harvard–Smithsonian Center for Astrophysics. 
  5. Chou, Felecia; Hawkes, Alison; Northon, Karen (14-12-2017). "Release 17-098 - Artificial Intelligence, NASA Data Used to Discover Eighth Planet Circling Distant Star". NASA. Consultado o 14 de decembro do 2017. 
  6. Chou, Felicia; Hawkes, Alison; Landau, Elizabeth (14-12-2017). "Artificial Intelligence, NASA Data Used to Discover Eighth Planet Circling Distant Star". NASA. Arquivado dende o orixinal o 05-05-2020. Consultado o 15-12-2017. 
  7. Hessman, F. V.; Dhillon, V. S.; Winget, D. E.; Schreiber, M. R.; Horne, K.; Marsh, T. R.; Guenther, E.; Schwope, A.; Heber, U. (2010). "On the naming convention used for multiple star systems and extrasolar planets". arXiv:1012.0707 [astro-ph.SR]. 
  8. Fraser Cain (16 de setembro do 2008). Universe Today, ed. "How Old is the Sun?". Consultado o 19-02-2011. 
  9. Fraser Cain (15-09-2008). Universe Today, ed. "Temperature of the Sun". Consultado o 19-02-2011. 
  10. 10,0 10,1 Lissauer, Jack J.; Marcy, Geoffrey W.; Bryson, Stephen T.; Rowe, Jason F.; Jontof-Hutter, Daniel; Agol, Eric; Borucki, William J.; Carter, Joshua A.; Ford, Eric B.; Gilliland, Ronald L.; Kolbl, Rea; Star, Kimberly M.; Steffen, Jason H.; Torres, Guillermo (25-02-2014). "Validation of Kepler's Multiple Planet Candidates. II: Refined Statistical Framework and Descriptions of Systems of Special Interest". The Astrophysical Journal 784: 44. Bibcode:2014ApJ...784...44L. arXiv:1402.6352. doi:10.1088/0004-637X/784/1/44. 
  11. Schmitt, J. R.; Wang, J.; Fischer, D. A.; Jek, K. J.; Moriarty, J. C.; Boyajian, T. S. (26-06-2014). "Planet Hunters. VI. An Independent Characterization of KOI-351 and Several Long Period Planet Candidates From the Kepler Archival Data". The Astronomical Journal 148 (28). Bibcode:2014AJ....148...28S. arXiv:1310.5912v3. doi:10.1088/0004-6256/148/2/28. 
  12. MIT (ed.). "Kepler-90". Open Exoplanet Catalog. Consultado o 11-05-2018. 
  13. NASA (ed.). "New Worlds Atlas". Exoplanets.nasa.gov. Consultado o 11-05-2018. 
  14. Cabrera, J.; Csizmadia, Sz.; Lehmann, H.; Dvorak, R.; Gandolfi, D.; Rauer, H.; Erikson, A.; Dreyer, C.; Eigmüller, Ph.; Hatzes, A. (31-12-2013). "The Planetary System to KIC 11442793: A Compact Analogue to the Solar System". The Astrophysical Journal 781 (1): 18. Bibcode:2014ApJ...781...18C. arXiv:1310.6248v2. doi:10.1088/0004-637X/781/1/18. 
  15. Hands, T. O.; Alexander, R. D. (13-01-2016). "There might be giants: unseen Jupiter-mass planets as sculptors of tightly packed planetary systems". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 456 (4): 4121–4127. Bibcode:2016MNRAS.456.4121H. arXiv:1512.02649. doi:10.1093/mnras/stv2897. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • HD 10180 Unha estrela que posúe coma mínimo 7 planetas.
  • TRAPPIST-1 Outra estrela da que se sabe que posúe tamén 7 planetas.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

APOD - The Kepler 90 Planetary System (imaxe do día), 18-12-2017