Saltar ao contido

Hálych

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHálych
Галич (uk) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 49°06′46″N 24°43′18″L / 49.1128, 24.7217
EstadoUcraína
ÓblastsOblast de Ivano-Frankivsk (pt) Traducir
Raião da Ucrânia (pt) TraducirIvano-Frankivsk Raion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.155 (2021) Editar o valor en Wikidata (249,49 hab./km²)
Xeografía
Superficie24,67 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Krylos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal77100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Identificador KOATUU2621210100 Editar o valor en Wikidata

Páxina webgalych-rada.gov.ua Editar o valor en Wikidata

Halych ou Hálych (en ucraíno: Галич, en ruso: Га́лич; en alemán: Halytsch, Halitsch ou Galitsch;[1] en yiddish: העליטש; Halicz en polaco) é unha cidade histórica á beira do río Dnister no oeste de Ucraína. A cidade recibe o nome do Principado de Halych, a histórica provincia de Halychyna (actual Galicia na Europa do Central) e do Reino de Galicia–Volinia[2][3] do que foi capital até principios do século XIV, cando a sede dos gobernantes locais trasladouse a Lviv.

Na actualidade, Halych é unha pequena vila situada só nunha parte do territorio da antiga capital da Galicia dos Cárpatos, aínda que conserva o seu nome. Pertence ao raión de Ivano-Frankivsk (distrito) da óblast de Ivano-Frankivsk (rexión). Alberga a administración de Halych Urban Hromada, unha das Hromadas de Ucraína.[4] Halych atópase 26 km (16 mi) ao norte da capital do oblast, Ivano-Frankivsk

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O topónimo "Galicia" provén do nome da cidade en latín.[5] Porén, o termo derivou a Halicz (o seu nome en polaco) e deu o seu nome á Galicia do leste de Europa. Segundo o profesor Larry Wolff da Universidade de Nova York, durante a partición de Polonia os Habsburgo o reino da Galiza ibérica inspirou en certa medida o nome centroeuropeo para dar lexitimidade histórica e crear unha identidade á nova provincia do Imperio austrohúngaro. A casa dos Austria reinara sobre o reino galego do noroeste da Península Ibérica, tomado polos Borbóns na Guerra de Sucesión e "O nome por tanto estaba dispoñíbel para eles en 1772, e servía de forma latina do antigo principado de Halych".[6]

Antiga cidade de Halych

[editar | editar a fonte]

Esta cidade foi capital do Principado de Galicia e do Principado de Galicia-Volyn até o século XIV cando o trono é trasladado a Leópolis (Lviv).

En 1994, o goberno ucraíno creou a Reserva Nacional Antiga Halych, que inclúe a actual aldea de Krylos, para preservar o patrimonio histórico-cultural.[7]

Actual cidade de Halych

[editar | editar a fonte]

É a cidade central do raión Halych (distrito) na provincia de Ivano-Frankivsk (Іва́но-Франкі́вська о́бласть).

Está a 26 km da cidade de Ivano-Frankivsk, a capital da provincia. A poboación de Hálych estímase en 6.406 habitantes.

  1. East-Galisia/a-word-determination.htm ¿Era Galicia?[Ligazón morta], galizien-deutsche.de
  2. [http: //www.ukrainiansintheuk.info/eng/00/glossary-e.htm Ucraíno Glosario histórico]
  3. "History of Galicia". www.torugg.org. Consultado o 2022-11-24. 
  4. gromada.info/ru/obschina/galycka/ |publisher=small-scale- idioma |language=ru}}
  5. "Place-Names, Landmarks of History, in the West-European War Zone—(II.)" (en inglés) 85 (8). 1 de mayo de 1917: 216. ISSN 0022-0574. doi:10.1177/002205741708500820. Consultado o 25 de agosto de 2022. Galicia takes its name from the town Halicz, Latinized. 
  6. Wolff, Larry (2010). The Idea of Galicia: History and Fantasy in Habsburg Political Culture (en inglés). Stanford: Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-6267-0. 
  7. "Запрошуємо до "Давнього Галича"! (mapa interactivo)". www.davniyhalych.com.ua (en ucraíno). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]