Holzminden
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baixa Saxonia | ||||
District of Lower Saxony (en) | Holzminden (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.217 (2023) (229,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 88,24 km² | ||||
Bañado por | Río Weser | ||||
Altitude | 89 m-91 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 37603 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 05531 | ||||
Sitio web | holzminden.de |
Holzminden (pronunciación alemá : hɔltsˈmɪndən ) é unha cidade, capital do distrito rural alemán de Holzminden, no sur do estado federal de Baixa Saxonia. Atópase directamente ás beiras do río Weser, que marca a fronteira con Renania do Norte-Westfalia.
Historia
[editar | editar a fonte]Nome
[editar | editar a fonte]Holzminden mencionouse por primeira vez no século IX como Holtesmeni; porén, o nome non se refería orixinalmente á cidade actual, senón a unha aldea de Altendorf, a "cidade vella", que foi incorporada á cidade en 1922.
Idade Media
[editar | editar a fonte]Durante o reinado de Ludovico I, monxes beneditinos da abadía de Corbie en Francia chegaron á zona e fundaron un mosteiro en Hethis no Solling. Cando o lugar deste mosteiro xa non era viable, foi pechado e abriuse outro preto do río: Abadía de Corvey ou Corbeia nova. Documentos antigos mostran que houbo moitas doazóns ao Holtesmeni (mosteiro).
Presúmese que xurdiu, xunto con outros asentamentos da contorna, no período comprendido entre o 500 e o 800. Algunhas das outras cidades foron abandonadas cando Holzminden recibiu as leis municipais, prometendo así maiores privilexios aos seus cidadáns e exercendo unha maior atracción ao seu redor.
En 1200, a cidade foi transferida baixo a protección do príncipe do castelo de Everstein, e en 1245, o conde de Everstein concedeulle o status de cidade. Por este motivo, o escudo da cidade mostra ao león de Everstein rampante cara á entrada aberta da cidade.
Desde 1408, a cidade pertenceu aos príncipes da Casa de Welf.
Idade Moderna e Contemporánea
[editar | editar a fonte]A partir do século XVI Holzminden pertenceu á Casa de Brunswick e Desde entón até 1942, estivo gobernada polo Ducado de Brunswick . En 1640, durante a Guerra dos Trinta Anos, a cidade foi destruída polas tropas do emperador e só se recuperou lentamente.
Até o século XX, Holzminden foi unha cidade provincial habitada por pequenos agricultores. Durante a Primeira guerra mundial, Holzminden foi o lugar dun campo de prisioneiros de guerra alemáns para oficiais británicos capturados. Na Segunda guerra mundial, o xefe do Departamento de operacións (Operationsabteilung) da Wehrmacht de 1940 a 1944 na Alemaña nazi, Adolf Heusinger, era orixinario de Holzminden.[1]
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Holzminden está irmandado con:
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]-
Holzminden no inverno.
-
Vista da cidade vella de Holzminden.
-
Reichspräsidentenhaus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adolf Heusinger: la historia del general nazi que acabó dirigiendo la OTAN". elconfidencial.com (en castelán). 2016-01-10. Consultado o 2022-08-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Holzminden |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Holzminden". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).