Hidrácido
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os hidrácidos son compostos químicos con propiedades ácidas que só conteñen H+ e un non-metal (NM). Orixinariamente son os hidruros dos halóxenos e os dos anfíxenos ou calcóxenos (compostos principalmente gasosos) denominados xenericamente "....uro de hidróxeno":
HF(g) fluoruro de hidróxeno.
HCl(g) cloruro de hidróxeno.
HBr(g) bromuro de hidróxeno.
HI(g) ioduro de hidróxeno.
H2O(l) auga.
H2S(g) sulfuro de hidróxeno.
H2Se(g) seleniuro de hidróxeno.
H2Te(g) Telururo de hidróxeno.
Como podemos apreciar, tódolos compostos anteriores son gasosos agás a auga, que é líquida á temperatura ambiente e á presión atmosférica normal. Pero tódos estes gases son moi solubles na auga, dando lugar a disolucións de carácter ácido, pasando entón a denominarse coa nomenclatura "ácido .....hídrico".
Algúns son ácidos moi fortes, o que significa que están totalmente disociados na auga, dando H+(aq) e X-(aq) como os ácidos: iodhídrico, bromhídrico e clorhídrico, que son moi fortes.
HCl + H2O → H3O+ + Cl-
Outros son ácidos máis febles, é dicir que están parcialmente disociados, acadando un equilibrio entre o ácido sen disociar e os protóns e maila súa base conxugada, como os ácidos fluorhídrico, sulfhídrico, selenhídrico e telurhídrico.
HF + H2O <==> H3O+ + F-
Existe tamén outra categoría de ácidos que ademais de conter H e un NM tamén conteñen osíxeno, estes ácidos denomínanse "oxoácidos"