Huda Sha'arawi
Nome orixinal | (ar) هدى شعراوي ede |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xuño de 1879 Minya (Quedivato do Egito) |
Morte | 12 de decembro de 1947 (68 anos) O Cairo (Reino de Exipto) |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Campo de traballo | Activista social |
Ocupación | política, poetisa, activista social, xornalista |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography >>>:Shaʿrawi, Huda, Pearls of the Nile - The Pioneers (en) >>>:Huda Shaarawi |
Huda Sha'arawi,[a] en árabe: هدى شعراوي, ALA-LC: Hudá Sha‘rāwī; en árabe exipcio: هدى الشعراوي, Hoda El-Shaarawi, nada no Alto Exipto o 23 de xuño de 1879 e finada o 12 de decembro de 1947, foi unha líder feminista e nacionalista exipcia, fundadora da Unión Feminista Exipcia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e matrimonio
[editar | editar a fonte]Huda Sha'arawi naceu como Nur al-Huda Sultan[1] no Alto Exipto na célebre familia El-Shaarwi.[2] Huda Sha'arawi naceu nunha familia rica en Minya; era filla de Muhammad Sultan Pasha, que logo foi president da Cámara de Deputados de Exipto.[1] A súa nai, Iqbal Hanim, era de ascendencia circasiana e foi enviada dende a rexión do Cáucaso en Turquía para ir vivir co seu tío en Exipto.[3] Sha'arawi foi educada dende nova cos seus irmáns, estudou varias materias como gramática e caligrafía en turco e árabe.[4] Pasou a súa infancia e primeira madurez recluída nun harén exipcio de clase alta.[5]
Aos trece anos, foi casada co seu primo Ali Pasha Sha'arawi, a quen Pasha Sultan nomeou guardian legal dos seus fillos e testamenteiro das súas propiedades.[6][7] Segundo Margaret Badran, unha "separación subseguinte do seu marido deulle tempo para unha educación formal estendida, así como un gusto inesperado pola independencia".[8] Aprendeu a ler o Corán e recibiu titorías en árabe coránico e materias islámicas de profesoras no Cairo. Sha'arawi escribiu poesía en árabe e francés, e contou a súa vida nas súas memorias, Mudhakkirātī ("My Memoir"), que foi traducido ao inglés como Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist, 1879-1924.[9]
Nacionalismo
[editar | editar a fonte]A Revolución Exipcia de 1919 foi unha protesta liderada por mulleres que avogaba pola independencia exipcia do Reino Unido e pola liberación dos líderes nacionalistas.[10] Membros da elita feminine exipcia como Sha'arawi lideraron as masas que protestaban, mentres que as mulleres de clases baixas e do campo achegaban axuda e participaban nas protestas nas rúas xunto con activistas varóns.[11] Sha'arawi traballou co seu marido durante a revolución mentres ocupaba a vicepresidencia do Wafd; Pasha Sha'arawi mantíñaa informada, polo que podía tomar o seu lugar se el ou outros membros do Wafd eran arrestados.[12] O Comité Central das Mulleres Wafdistas (WWCC), asociado co Wafd, foi fundado o 12 de xaneiro de 1920, despois das protestas de 1919.[13] Moitas das mulleres que participaron nas protestas fixéronse members do comité, e elixiron a Sha'arawi como a súa primeira presidenta.[13]
En 1938, Sha'arawi e a EFU patrocinaron a Conferencia de Mulleres de Oriente para a Defensa de Palestina no Cairo, priorizando os asuntos nacionalistas sobre os feministas.[14]
Feminismo
[editar | editar a fonte]Nesa época, as mulleres en Exipto estaban confinadas na casa ou harén, que ela vía como un sistema atrasado. Como se ve en todas as súas fotografías, Huda levaba hijab. Sha'arawi estaba molesta con tales restrictions aos movementos das mulleres e consecuentemente comezou a organizar charlas para mulleres sobre temas do seu interese. Isto sacou moitas mulleres por primeira vez fóra das súas casas a lugares públicos, e Sha'arawi puido convencelas para que axudasen a estabelecer unha sociedade do benestar para elas, así como a obter diñeiro para as mulleres exipcias pobres. En 1910, abriu unha escola para nenas.
Sha'arawi decidiu deixar de levar veo en público trala morte do seu marido en 1922. Durante a década de actos de desafío de Huda, poucas mulleres aínda escollían levar veo. A súa decisión foi parte dun movemento de mulleres maior, e foi influída pola feminista exipcia nada en Francia Eugénie Le Brun,[15] mais contrastou con algunhas pensadoras feministas como Malak Hifni Nasif. Tras volver do congreso da International Woman Suffrage Alliance en Roma quitou o veo en público por primeira vez, suceso significativo do feminismo exipcio. As mulleres que a foron saudar quedaron sorprendidas ao principio, mais logo romperon en aplausos e algunhas mesmo quitaron os seus veos. En 1923, Sha`awi converteuse na primeira presidenta da Unión Feminista Exipcia (EFU). Característica do feminism liberal de principios do século XX, a EFU buscaba reformar leis que restrinxían as liberdades persoais, como o matrimonio, o divorcio e a custodia das fillas e fillos.[16]
Xa de nova, mostrou a súa independencia ao entrar nunha tenda en Alexandría para mercar as súas propias roupas en lugar de facelas enviar á súa casa. Axudou a organizar Mubarrat Muhammad Ali, organización de servizos sociais para mulleres en 1909, e a Asociación Internacional de Mulleres Exipcias en 1914. Nese mesmo ano, viaxou a Europa por primeira vez.[1] Axudou a liderar a primeira manifestación de mulleres na rúa durante a Revolución Exipcia de 1919, e foi elixida presidenta do Comité Central de Mulleres Wafdistas. Comezou a manter encontros regulares con mulleres na súa casa, e a partir delas naceu a Unión Feminista Exipcia. Lanzou unha publicación quincenal, L'Égyptienne en 1925, para publicitar a causa.[17]
Liderou os piquetes de mulleres exipcias na abertura do parlamento en xaneiro de 1924 e enviou unha listaxe de peticións nacionalistas e feministas, que foron ignoradas polo goberno wasfdista, tralo que dimitiu do Comité Central das Mulleres Wafdistas. Continuou a liderar a Unión Feminista Exipcia até a súa morte. Ademais de l'Egyptienne, tamén publicou a revista feminista el-Masreyya, e representou a Exipto en congresos de mulleres en Graz, París, Ámsterdam, Berlín, Marsella, Istanbul, Bruxelas, Budapest, Copenhaguen, Interlaken e Xenebra. Avogou pola paz e o desarme.
Sha'arawi foi obxecto dunha importante biografía en lingua inglesa por Sania Sharawi Lanfranchi en 2012.[18]
Filantropía
[editar | editar a fonte]Sha'arawi estivo involucrada en proxectos filantrópicos durante a súa vida. En 1909 creou a primeira sociedade filantrópica dirixida por mulleres exipcias (Mabarrat Muhammad 'Ali), que ofrecía servizos sociais ás mulleres e aos nenos pobres.[19] Ela afirmaba que os proxectos de servizos sociais dirixidos ás mulleres eran importantes por dúas razóns. Primeiro, comprometéndoas neses proxectos, as mulleres ampliarían os seus horizontes, adquirirían coñecementos prácticos e dirixirían o seu foco cara ao exterior. Segundo, cada proxecto desafiaría o punto de vista de que todas as mulleres eran criaturas de pracer e seres necesitados de protección. Para Sha'arawi, os problemas dos pobres serían resoltos mediante actividades de caridade, particularmente a través de doazóns a programas educativos. Mantendo unha visión en certa forma romántica das vidas das mulleres pobres, víaas como recibidoras pasivas dos servizos sociais, non para ser consultadas sobre prioridades ou obxectivos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En ocasións transcrito por Hoda
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Shaarawi, Huda (1986). Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist. Nova York: The Feminist Press at The City University of New York. p. 15. ISBN 978-0-935312-70-6.
- ↑ Zénié-Ziegler, Wédad (1988). In Search of Shadows: Conversations with Egyptian Women. Zed Books. p. 112. ISBN 978-0862328078.
The Federation of Egyptian Women was founded by a middle-class woman of Turkish origin, Huda Shaarawi. In 1923, she and two of her fellow activists, Cesa Nabarawi and Nabawiya Moussa, also of Turkish origin...
- ↑ Shaarawi, Huda (1986). Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist. Nova York: The Feminist Press at The City University of New York. pp. 25–26. ISBN 978-0-935312-70-6.
- ↑ Shaarawi, Huda (1986). Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist. Nova York: The Feminist Press at The City University of New York. pp. 39–41. ISBN 978-0-935312-70-6.
- ↑ Shaarawi, Huda Post Colonial Studies. Consultado o 6 de outubro de 2014.
- ↑ Shaarawi, Huda. Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist. Translated and introduced by Margot Badran. New York: The Feminist Press, 1987.
- ↑ Shaarawi, Huda (1986). Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist. Nova York: The Feminist Press at The City University of New York. p. 50. ISBN 978-0-935312-70-6.
- ↑ Shaʻrāwī, Hudá, and Margot Badran. Harem years: the memoirs of an Egyptian feminist (1879-1924). New York: Feminist Press at the City University of New York, 1987.
- ↑ Huda Shaarawi, Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist (1879-1924), ed. and trans. by Margot Badran (Londres: Virago, 1986).
- ↑ Allam, Nermin (2017). "Women and Egypt's National Struggles". Women and the Egyptian Revolution: Engagement in Activism During the 2011 Arab Uprisings. Cambridge: Cambridge UP: 26–47.
- ↑ Allam, Nermin (2017). "Women and Egypt's National Struggles". Women and the Egyptian Revolution: Engagement and Activism During the 2011 Arab Uprisings. Cambridge: Cambridge UP: 32.
- ↑ Badran, Margot (1995). Feminists, Islam, and Nation: Gender and the Making of Modern Egypt. Princeton University Press. pp. 75.
- ↑ 13,0 13,1 Badran, Margot (1995). Feminists, Islam, and Nation. Princeton University Press. pp. 80–81.
- ↑ Weber, Charlotte (Winter 2008). "Between Nationalism and Feminism: The Eastern Women's Congresses of 1930 and 1932". Journal of Middle East Women's Studies 4 (1): 100. JSTOR 10.2979/mew.2008.4.1.83. doi:10.2979/mew.2008.4.1.83.
- ↑ Hudá Shaʻrāwī (xaneiro de 1987). Harem Years: The Memoirs of an Egyptian Feminist (1879-1924). Feminist Press at CUNY. ISBN 978-0-935312-70-6.
- ↑ Weber, Charlotte (Winter 2008). "Between Nationalism and Feminism: The Eastern Women's Congresses of 1930 and 1932". Journal of Middle East Women's Studies 4 (1): 84. JSTOR 10.2979/mew.2008.4.1.83. doi:10.2979/mew.2008.4.1.83.
- ↑ Khaldi, Boutheina (2008). Arab Women Going Public: Mayy Ziyadah and her Literary Salon in a Comparative Context. Indiana University. OCLC 471814336., páx. 40; Zeidan, Joseph T. (1995). Arab Women Novelists: The Formative Years and Beyond. SUNY series in Middle Eastern Studies. Albany: State University of New York Press. ISBN 0-7914-2172-4, páx. 34.
- ↑ Casting off the Veil: The Life of Huda Shaarawi, Egypt's First Feminist (Londres: I.B. Tauris, 2012). ISBN 9781848857193 (hbk.); 1848857195 (hbk.).
- ↑ Margot Badran, Feminists, Islam, and Nation: Gender and the Making of Modern Egypt. (Princeton, N.J.: Princeton University Press, 1995), 50.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Huda Sha'arawi |