Saltar ao contido

Irurtzun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIrurtzun
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°55′06″N 1°49′43″O / 42.9183, -1.8285
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.316 (2023) Editar o valor en Wikidata (661,71 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude484 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan José Iriarte Vitoria Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31.860 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE31904 Editar o valor en Wikidata

Sitio webirurtzun.eus Editar o valor en Wikidata

Irurtzun (en castelán: Irurzun) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na bisbarra de La Barranca, no val de Arakil e a 20 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2.300 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 3,5 km² e a súa densidade de poboación é de 657,14 hab./km².

Atópase na confluencia das autovías A-10, que comunica Iruñea con Vitoria e A-15, que comunica Iruñea con Donostia.

Topónimo

[editar | editar a fonte]
Flor de engo.

O topónimo Irurtzun provén do éuscaro, aínda que ten un significado dubidoso. Segundo o filólogo Mikel Belasko podería estar relacionado co nome da planta chamada zihaurri (en certas variantes dialectais ihaurri), que se corresponde co engo ou sabugueiriño. Segundo esta hipótese, o nome da planta (z)ihaurri iría acompañado do sufixo abundancial -tze ou tzu e do sufixo -un, variante de une, que significa lugar. Así, o significado etimolóxico último de Irurtzun sería lugar con abundancia de engo.

A documentación máis antiga que nomea esta poboación data do século XIII. Nela é mencionada baixo os nomes Yrurçun, Hirurçu, Irusun, Irurçun ou Içurçun.

O nome vasco e castelán da localidade difiren na súa pronunciación e forma de escribir, aínda que orixinalmente eran comúns. Da forma orixinal Irurçun pasou en castelán a Irurzun, mentres que en lingua vasca mantivo a pronunciación orixinal, que actualmente se transcribe como Irurtzun. En 1996, cando o concello de Irurzun constituíuse en concello independente separándose de Arakil adoptou como denominación oficial a variante vasca do topónimo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Irurtzun atópase no extremo oriental do corredor da Barranca, ó pé dos montes Erga (1088 msnm) e Gaztelu (996 msnm). Devanditos montes conectan coa Serra de Aralar e Andia respectivamente.

Dos Hermanas, Ardubil, Aralar, San Martín, Ardanzeta, Urbasa, Aldapa...

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O concello limita polo norte con Latasa e Aguinaga, polo sur con Izurdiaga, polo leste con Aizcorbe e polo oeste con Etxeberri.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1897 1900 1920 1930 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2014
1.298 1.196 1.200 1.245 889 1588 1.884 1.996 2.000 2.175 2233