Joaquín Nin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Joaquín Nin Castellanos 29 de setembro de 1879 A Habana (España) |
Morte | 24 de outubro de 1949 (70 anos) A Habana, Cuba |
Educación | Schola Cantorum de Paris (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, pianista, profesor de música, musicólogo |
Membro de | |
Profesores | Felip Pedrell, Carles Vidiella (en) e Vincent d'Indy (pt) |
Alumnos | María Enma Botet Dubois (en) e Leopold Magenti i Chelvi (en) |
Instrumento | Piano |
Familia | |
Cónxuxe | Rosa Culmell Vaurigaud (1902–) |
Fillos | Anaïs Nin, Thorvald Nin Culmell, Joaquín Nin-Culmell |
Pai | Joaquim Nin i Tudó |
Descrito pola fonte | Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , |
Joaquín Nin y Castellanos, nado na Habana o 29 de setembro de 1879 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1949, foi un compositor, pianista e musicólogo cubano-español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Joaquín Nin naceu na Habana, daquela pertencente ao Imperio español, fillo do escritor catalán en lingua castelá Joaquín Nin i Tudó. Estudou en Barcelona con Carles G. Vidiella e Felip Pedrell, con quen tivo unha longa amizade.[2] Interveu na quinta Festa Modernista de Sitges en 1898 cun concerto de piano. Posteriormente trasladouse a París, onde estudou con Moritz Moszkowski e posteriormente con Vincent d'Indy na Schola Cantorum de Paris, onde logo ensinou de 1905 a 1908.
En 1909 foi nomeado profesor honorario da universidade nova de Bruxelas. A súa carreira como pianista obrigouno a residir en Bruxelas (1908-1910) e en Berlín. En 1911 regresou á Habana, onde fundou un conservatorio e unha sociedade de concertos, de vida efémera. Residiu novamente en Bruxelas, e en 1913 vai a París. Ao comezar a primeira guerra mundial regresou á Habana.
Como pianista, interpretou obras dos antigos compositores de tegra, especialmente do século XVIII, viaxando por toda Europa como solista difundindo esa música. Tamén publicou libros de cancións españolas e ensaios polémicos.
Casou con Rosa Culmell, unha cantante de ópera da que se divorciou máis tarde e coa que tivo tres fillos: Thorvald Nin, que se adicou aos negocios, Joaquín Nin-Culmell, que tamén foi compositor, e a recoñecida escritora Anaïs Nin, que chegou a ser a máis coñecida dos seus fillos, debido á publicación dos seus famosos Diarios.
Foi amigo de Maurice Ravel e un dos testemuños da xénese do Bolero en 1928. Foi membro da Academia Española e recibiu en Francia a Lexión de Honor.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]As súas composicións non son moi numerosas e teñen unha forte influencia nacionalista española, aínda que tamén compuxo varias pezas de danzas cubanas. Destacan entre outras:
- Pezas para voz e piano
- 20 Cantos españoles (1923)
- 10 Noëls espagnols (1932)
- Ballet
- L'écharpe bleue (1937)
- Pezas para violín e piano
- Au jardin de Lindaraja pour violon et piano (1927)
- 5 Comentarios pour violon et piano (1929)
- Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza)
- Pezas para violonchelo e guitarra
- Suite española
- Pezas para piano
- Danse ibérienne (1926)
- Message à Debussy (1929)
- Chaîne de valses (1929)
- « 1830 » variaciones (1930)
- Berceuse pour les orphelins d'Espagne (1939)
- Música de cámara
- Au jardin de Lindaraja (1927)
- Rhapsodie ibérienne (1930)
Obras literarias
[editar | editar a fonte]Escribiu libros sobre cuestións musicais como:
- Pour l'art (1909)
- Idées et commentaires (1912)
Homenaxes póstumas
[editar | editar a fonte]Joaquín Nin aparece como personaxe dentro da novela La isla de los amores infinitos (Grijalbo, 2006), da escritora cubana Daína Chaviano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Generalitat de Cataluña, ed. (2012). "Els intèrprets catalans". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2013.
- ↑ "Pedrell i els pianistes catalans a Paris" Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., de Montserrat Bergadà, publicado en Recerca Musicològica XI-XV, 1991-1992, p. 243-257.
- ↑ Taylor, Deems. "Dictionary of Musicians". Music Lovers' Encyclopedia. 4th ed. 1950. Important works for Violin and Piano: Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza), En el Jardin de Lindaraja,
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Theodore Baker et Nicolas Slonimsky (trad. Marie-Stella Pâris, préf. Nicolas Slonimsky), Dictionnaire biographique des musiciens [« Baker's Biographical Dictionnary of Musicians »], t. 2 : H-O, Paris, Robert Laffont, coll. « Bouquins », 1995 (réimpr. 1905, 1919, 1940, 1958, 1978), 8e éd. (1re éd. 1900), 4728 p. (ISBN 2-221-06787-8), p. 2984