Saltar ao contido

Jacob van Artevelde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacob van Artevelde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1290 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Gante, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xullo de 1345 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Gante, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosFilipe van Artevelde Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Jacob van Artevelde , nado contra 1290 e finado en 1345, foi un líder político flamengo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Gante no seo dunha familia burguesa. Temeroso de que as hostilidades entre Francia e Inglaterra puideran prexudicar a properidade da súa cidade, entrou en política en 1337, propoñendo unha alianza con Bruxas, Ypres e outras cidades flamengas que se mantiveran neutrais no conflito. En 1340 as cidades flamengas, ao non poder manter a súa neutralidade, apoiaron a Inglaterra, e Artevelde convenceu á federación para recoñecer ao rei Eduardo III de Inglaterra como soberano de Francia.

O comercio e a industria floreceu durante o goberno de Artevelde. En 1345, os rumores que el planeaba recoñecer ao fillo de Eduardo III como conde de Flandres causaron unha revolta popular en Gante que acabou coa morte de Artevelde.