Jaime Caamaño Comparada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1 de decembro de 1936 (49/50 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Fillos | Daniel Caamaño Eiras, Manuel Caamaño Eiras |
Jaime Caamaño Comparada, nado en Buenos Aires cara a 1886 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Propietario da empresa de automóbiles El Jaime de Padrón e afiliado á agrupación do PSOE de dita vila. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, formou parte do Comité da Fronte Popular que intentou oporse ao golpe. Foi detido e internado na prisión de Padrón e o 30 de agosto foi trasladado á de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela o 16 de novembro por rebelión militar, con Francisco Castaño Otero, Andrés Rey Baltar, Antoliano Correa Jamardo e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.[1] Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 17-11-1936, p. 2.